Exercicios espirituais no mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes

As 5 Delegacións de Apostolado Seglar das dioceses que compoñen a provincia eclesiástica galega (Santiago de Compostela, Lugo, Mondoñedo-Ferrol, Ourense e Tui-Vigo) organizan exercicios espirituais no tempo de Coresma, do 10 ao 12 de marzo, no mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes (Patrimonio da Humanidade). Os exercicios están impartidos polo prior D. Carlos Gutiérrez Cuartango. Comézase o venres 10 de marzo coa oración das vésperas coa comunidade do monxes, ás 19:00 h, e remátase o domingo 12 de marzo co xantar, ás 16:00 h. A pensión completa de todo o retiro é 90 €.

A comuñón eclesial faise tamén con xestos como o de coorganizar estes retiros, que neste curso fan por primeira vez de forma conxunta as 5 delegacións diocesanas de Galicia. É unha forma de que os seglares de diferentes lugares e procedencia (de parroquias, de movementos e asociacións, amigos, etc.) coñezan e poidan participar activamente neste tipo de encontros profundos cun mesmo, co Señor e cos irmáns.

Quen teña dúbidas ou queira máis información, pode enviar un correo electrónico ou chamar por teléfono: laicos@diocesisdelugo.org ou belsaivi@yahoo.es e 639 938 216 ou 649 045 880.

Retiros organizados por Apostolado Segrar

programa-apostolado-segrar

As 5 Delegacións de Apostolado Segrar da provincia eclesiástica galega (Santiago de Compostela, Lugo, Mondoñedo-Ferrol, Ourense e Tui-Vigo) organizan durante este curso 2016/2017, varios retiros espirituais. En tempo de Nadal, do 2 ao 5 de xaneiro de 2017, na Casa Diocesana de Exercicios de Santiago. En Coresma, serán do 10 ao 12 de marzo, en Sobrado dos Monxes e no tempo pascual (30 de abril – 2 de maio), na Casa de espiritualidade Santa María do Mar (Dorrón – Sanxenxo).

Coorganizan estes retiros por primeira vez de forma conxunta as 5 delegacións diocesanas de Galicia. Posibilítase que os segrares de diferentes lugares e procedencia (parroquias, movementos e asociacións, amigos…) participen neste tipo de encontros profundos cun mesmo, co Señor e cos irmáns.

O primeiro retiro que estaba previsto facelo na Casa Diocesana de Exercicios de Lugo, entre o 25 e o 27 de novembro tivo que ser suspendido.

Encontro de laicos

mision-e-misericordia-nos-laicos

O vindeiro sábado 5 de novembro de 2016 terá lugar un Encontro de segrares, no Seminario diocesano de Lugo. O tema é “Misión e misercordia nos laicos“, e terá unha parte contemplativa, outra formativa e outra vivencial. O horario do encontro será o seguinte:

10:00 Acollida e oración

10:30 Reflexión en torno á misión e misericordia nos laicos, por Jesús Fernández Aira, párroco de S. Francisco Xavier e especialista en Biblia.

11:20 Traballo en grupos. Haberá 3 bloques temáticos:

  • Descubrir o rostro misericordioso do Pai
  • Igrexa nai de misericordia
  • Cultura da misericordia

12:00 Descanso

12:30 Posta en común e reflexión comunitaria

13:45 Oración final

14:00 Fin do encontro

“Laicos, testemuñas da misericordia”, charla de Jesús Fernández-Pacheco

J Fdez Pacheco e Alfredo Losada
Jesús Fernández-Pacheco (esqda.), presentado por Alfredo Losada (dta.)

O 13 de maio no Seminario houbo unha charla do responsable de difusión da HOAC (Irmandade Obreira de Acción Católica) Jesús Fernández-Pacheco.

A misión dos laicos, segundo Jesús Fernández, hai que vela desde 4 claves:

1) acompañar

2) propiciar unha nova maneira de entender a realidade

3) facer o posible para que as institucións se poñan ao servizo dos empobrecidos

4) dar visibilidade a experiencias alternativas que beneficien aos empobrecidos

Para que o apostolado dos laicos dea máis froito é importante a formación e decatarse da importancia da oración, de experimentar que Deus dinamiza a nosa vida.

Jesús Fernández fíxose eco en varios momentos da súa intervención ás conclusións do encontro de laicos celebrado o pasado novembro.

Ao día seguinte, houbo no Centro San Vicente de Paúl unha asemblea diocesana de laicos, na que houbo reunión por grupos (imaxe inferior, vía @alfredo_losada) e a Vixilia de Pentecoste.

Asemblea diocesana de laicos

XVI Xornadas de Apostolado Segrar

Apostolado Segrar cartel

Organizados pola Delegación de Apostolado Segrar en colaboración coa Delegación de Misións de Lugo e a Xunta de Confrarías de Semana Santa de Lugo, terán lugar os seguintes actos:

O venres 13 de maio ás 20h no Seminario: charla do responsable de difusión da HOAC Jesús Fernández-Pacheco: “Laicos, testemuñas da misericordia”.

Sábado 14: Asemblea Diocesana de Laicos. Ás 10 h, recollida de xente no Seminario, ás 10:30 h acollida no Centro San Vicente de Paúl e oración, ás 11h Asemblea, ás 14 h comida compartida e ás 15:30 h visita ao centro. Ás 17 h é a Vixilia de Pentecoste.

Domingo 15 de maio, Día da Acción Católica e do Apostolado Segrar, será o xubileo de movementos, asociacións e confrarías. Pártese ás 12:15 h da igrexa de San Pedro ata a Catedral. Ás 13 h é a Misa de Pentecoste presidida polo señor Bispo de Lugo.

[Máis información]

A %d blogueros les gusta esto: