Día dos catequistas nativos e do IEME

Todo os proxectos misioneiros, todas as loitas, todas as oracións e liturxias, deben levar a unha entrega maior en favor da vida “para que todos teñan vida”. É esta a tarefa de misioneiros, catequistas, comunidades na misión, e tamén en España:  obrar como Xesús que veu para que todos teñamos vida, e ademais quere que esa vida sexa plena, sexa abundante, sexa digna (Xn 10,10).

En España, hai 100 anos, en decembro de 1920, créase un centro de formación de curas misioneiros, que irán marchando para América e África, onde se manteñen até o presente, organizados como Instituto Español de Misións Estranxeiras (IEME). Sempre situados entre os máis pobres e os máis abandonados deses países, e coa mochila lista para marchar a outra parte, cando as comunidades alcanzan a madurez necesaria.

Na Festa da Epifanía, a Igrexa comprométese a prestarlles todo o seu apoio tanto aos catequistas nativos como aos sacerdotes misioneiros do IEME.

[Guión litúrxico]

Día dos catequistas nativos

O luns 6 de xaneiro, solemnidade da Epifanía do Señor, a Congregación para a Evanxelización dos Pobos celebra o Día dos catequistas nativos, que en España difunde o Instituto Español de Misións Estranxeiras (IEME), que tamén celebra o seu día. A finalidade do IEME é ser unha canle misioneira do clero diocesano para levar cabo a Misión da Igrexa. Este ano o lema é “Laicos en misión: bautizados e enviados” e agradécese a Deus pola riqueza que supoñen tantos laicos.

Os laicos responsabilizaranse das comunidades para congregar e animar a fe. Que o sacerdote chegue cando poida chegar, pero que a comunidade non deixe de reunirse e de camiñar na fe coa axuda dos laicos -homes e mulleres- que hai nas parroquias. Este tería que ser xa o gran agasallo de Reis.

A %d blogueros les gusta esto: