Cáritas Sarria cumpre 50 anos

En 1965 iniciaba o seu labor Cáritas Interparroquial de Sarria polo que celebran as vodas de ouro.

O venres 4 ás 20h hai unha Eucaristía de acción de grazas e en memoria dos voluntarios e colaboradores xa desaparecidos. Esta Misa na igrexa de San Salvador estará oficiada polo Vicario xeral da Diocese.

Ás 21.30 h no hotel Alfonso IX, haberá unha cea benéfica. Parte do recadado dedicarase aos fins solidarios da entidade. Á cea poden acudir voluntarios, colaboradores e cidadanía en xeral. No transcurso da mesma a directiva de Cáritas repasará o feito nestes 50 anos.

Para este mes de decembro programa un mercado solidario e unha nova Operación quilo nos supermercados da vila.

Inicio da Novena da Milagrosa e do triduo a Cristo Rei

Na parroquia da Milagrosa (Lugo) comeza o día 19 a Novena en honra da Santísima Virxe da Medalla Milagrosa. A misa ofreceráse por tódolos defuntos da parroquia. O horarioco é o seguinte:

  • Rezo do Santo Rosario ás 19h.
  • Eucaristía ás 19:30h.
  • Exposición do Santísimo despois da Misa.
  • Confesións de 19 a 19:30 h.

Do 19 ao 27 de novembro na igrexa parroquial de S. Froilán hai os seguintes cultos: 19:15 Santo Rosario e exercicio piadoso da Novena e ás 19:30 é a celebración eucarística. A proclamación da divina Palabra está a cargo de Miguel Ángel Álvarez, párroco de San Froilán. O día 27, Festa da Santísima Virxe da Medalla Milagrosa, hai Misa solemne ás 11 da mañá.

Do 19 ao 21 de novembro, o Apostolado da Oración organiza na parroquia de Santiago A Nova un triduo preparatorio da solemnidade de Cristo Rei. Os actos terán lugar ás 19:30h comezando co rezo do Rosario, Triduo e celebración da Eucaristía. Presiden Luciano Armas e Luis Varela.

Apertura de curso no Seminario

Alonso Muñoz Pérez

O 25 de setembro tivo lugar a apertura do Curso 2015 – 2016 do Seminario Diocesano, o Instituto Teolóxico Lucense e o Instituto de Ciencias Relixiosas San Dámaso.

A Eucaristía Votiva do Espírito Santo na Capela Maior do Seminario estivo presidida por Mons. Alfonso Carrasco Rouco.

E a lección inaugural: «¿La excepción confirma la regla?» correu a cargo do profesor D. Alonso Muñoz Pérez (foto superior). Despois de falar do tema da excepción no mundo romano e no medieval, referiuse ao actual sistema educativo, coas seguintes palabras:

“As cargas burocráticas, os requisitos formais, os controis administrativos, o cumprimento dos requisitos de calidade, as acreditacións lingüísticas, por materias, por avaliación, por competencias, a consideración da transversalidade e demais barbarismos nunca se reducen senón que sempre se incrementan. Así cada vez máis desde as administracións públicas presiónase para que a educación sexa un asunto de oficina e cada vez menos un asunto persoal. Isto provén dos EEUU, onde a educación converteuse, polo menos o modelo xeral, nun simple filtro social da masa laboral. A este respecto, o preámbulo da actual lei de educación é formalmente marxista, pois sinala a causa económica como a medida de todo”.

Celebracións no arciprestado de Quiroga

tribuna Folgoso

O día 18 de agosto ás 13:30 h no comezo da Misa solemne en honra á Virxe do Carme, terá lugar a bendición da nova tribuna da igrexa de Santa María de Folgoso. Ata os anos 1960 o templo contaba con tribuna, que agora se recupera, tras unhas obras sufragadas na súa totalidade pola comunidade parroquial.

O día 23 ás 12:30 h, con motivo da presentación do novo relicario de San Bartolomeu, actuará na igrexa parroquial de Hospital o grupo Val das Mouras, que interpretará cancións baseadas en poemas de Follas Novas, de Rosalía de Castro.

Festa das nais en Oural e dos avós no Incio

Día da Nai Oural

O 1 de maio ás 12:30h en Oural, homenaxe ás nais cunha celebración eucarística presidida por Mons. Alfonso Carrasco Rouco. Será un día especial vivido desde a fe e agasallando ás nais con cariño e admiración.

O 2 de maio é a Festa dos avós das parroquias do Incio. Hai unha Eucaristía ás 13h e a continuación unha comida de confraternidade. Organizan o Concello e sacerdotes do Incio.

A %d blogueros les gusta esto: