Ciclo de conferencias sobre as persoas maiores

Copia de conferencias maiores galego

O salón de actos de Afundación, pza de Santa María, Lugo, acolle 3 conferencias que programa a Fundación Centro de Orientación Familiar Diocesano de Lugo.

O 27 de maio, de 19:15h a 20:15h, o profesor da Universidade de Santiago, Carlos Dosil dará 10 ideas para alcanzar o benestar na terceira idade.

O xoves 28 de maio, á mesma hora, o xeriatra do HULA, José Ramón Martínez Calvo “Envellecemento activo. Diálogo aberto cun xeriatra experimentado”.

E o día 29 a doutora en Filosofía e CC da Educación, Consuelo Santamaría tratará o tema: “Do lamento á esperanza. Vivir o dó e o sufrimento con sentido”.

Seminario sobre o dó nos nenos

5 maio día 30 Seminario dó nos nenos

O 30 de maio a Fundación Centro de Orientación Familiar Diocesano de Lugo organiza no Colexio Fingoi un seminario para ensinar as actitudes que se deben ter cos nenos para previr o sufrimento e acompañalos na elaboración da dor pola perda dun ser querido ou outras perdas. Está dirixido a pais, educadores, profesionais da saúde

Contidos:

  • características do dó nos nenos

  • a morte e o dó

  • a vivencia da perda nos nenos. Tipos de dó

  • como axudar aos nenos a vivir mellor o dó. Pautas para pais e profesionais.

Este seminario está impartido, cunha metodoloxía teórico-práctica pola doutora en Filosofía e Ciencias da Educación, Consuelo Santamaría.

Para inscribirse enviar a info@cofdiocesano.org antes do 29 de maio os seguintes datos: nome, apelidos, teléfono, actividade profesional, e indicar se un ten formación previa en dó.

[Máis información]

Seminario sobre o dó nos nenos

5 maio día 30 Seminario dó nos nenos

O dó nos nenos é o título do seminario que organiza o 30 de maio no Colexio Fingoi o Centro de Orientación Familiar Diocesano de Lugo. Trátase de ensinar as actitudes que se deben ter cos nenos para previr o sufrimento e acompañalos na elaboración da dor pola perda dun ser querido ou outras perdas. Está dirixido a pais, educadores, profesionais da saúde

Contido:

  • características do dó nos nenos
  • a morte e o dó
  • a vivencia da perda nos nenos. Tipos de dó
  • como axudar aos nenos a vivir mellor o dó. pautas para pais e para profesionais.

 Este seminario estará impartido, cunha metodoloxía teórico-práctica, pola doutora en Filosofía e Ciencias da Educación, Consuelo Santamaría.

O 29 de maio finaliza o prazo para inscribirse, o que se fará enviando a info@cofdiocesano.org os seguintes datos: nome, apelidos, teléfono, actividade profesional, e indicar se un ten ou non formación previa en dó. 

Concluído o Curso de Educación Afectivo-Sexual en Silleda

Curso afectivo sexual en Silleda
O COF Diocesano de Lugo organizou un curso de Educación Afectivo-Sexual para axentes de pastoral os días 30 e 31 en Silleda. Participaron 43 persoas, entre elas tres sacerdotes e un bispo, dúas relixiosas, uns 15 mozos universitarios, 10 mestres e profesores, e un pequeno grupo de catequistas. Foi impartido por Begoña Ruiz Pereda, FSCC, licenciada en ciencias relixiosas e responsable de formación de formadores de a Fundación Desarrollo y Persona.
O curso abordou temas como “Da atracción ao amor como tarefa”, e realizáronse dous talleres prácticos, un deles para aprender a responder preguntas reais que fai a mocidade.
A valoración global do curso foi moi positiva por parte de todos os asistentes. A experiencia levou a confirmar a necesidade de formarse ben neste tema e varias delegacións de distintas dioceses galegas xunto coa Fundación COF Diocesano de Lugo proxectan para o próximo curso, 2015-2016, unha formación de 30 horas en Educación Afectivo-Sexual.
A %d blogueros les gusta esto: