Relación de premiados no III Concurso de Fotografía “Eucaristía e Patrimonio Relixioso”

Concurso fotografía

O 18 de maio, o xurado do III Concurso de Fotografía “Eucaristía e Patrimonio Relixioso” en Lugo acordaron por unanimidade conceder os seguintes premios:

Este concurso, está organizado dentro dos actos do V Encontro Eucarístico Lucense que comezará o vindeiro xoves, día 26 de maio e que pretende resaltar o valor da Eucaristía en Lugo, a cidade do Sacramento.

1. Apartado Patrimonio Relixioso

– Primeiro premio, dotado con setecentos cincuenta euros e trofeo, á fotografía ”Puerta de herrería” de Óscar Abelleira Ferreirós.

– Segundo premio e trofeo dotado con catrocentos euros á fotografía “Coro” de Peperei.

2. Apartado Eucaristía en Lugo.

– Primeiro premio, dotado con setecentos cincuenta euros e trofeo, á fotografía “A luz de Cristo” de Ana Criado Sánchez.

– Segundo premio, dotado con catrocentos euros e trofeo, á fotografía “Eucaristía en branco e negro” de Alejandro Buján Lorenzo.

Os premios entregaranse o día 28 de maio ás 12.30 h no salón de actos do Seminario diocesano de Lugo. As fotografías premiadas, así como unha selección de todas as recibidas, expoñeranse durante un mes neste centro.

Con este concurso, o Centro Eucarístico Lucense invita a artistas, profesionais ou afeccionados á fotografía, a fixarse no rico patrimonio cristián e eucarístico da nosa terra. Os organizadores agradecen a gran acollida prestada a esta iniciativa.

Exposición de fotografía “Eucaristía e Patrimonio Relixioso de Lugo”

O Centro Eucarístico Lucense, institución da Diocese de Lugo, organizou o concurso de fotogra[ía “Eucaristía e Patrimonio Relixioso de Lugo” ao que se presentaron máis de sesenta fotografías. Ante a imposibilidade de mostralas todas fíxose unha selección para unha exposición no edificio administrativo da Xunta (Ronda da Muralla, 70, Lugo). O horario é de 9 a 14h

O concurso e a exposición axudan a recoñecer a riqueza do noso patrimonio e unha nova forma de achegarnos a el, a través da obra e visión dos artistas.

Só unhas poucas obras son premiadas segundo os criterios dun xurado, pero detrás de cada fotografía hai un traballo, unha visión que se nos quere mostrar, un agarimo… Por iso, desde o Centro Eucarístico Lucense agradécese a todos a súa participación. (Na foto, momento posterior á entrega de premios).

Concurso fotos Eucaristía e patrimonio

A %d blogueros les gusta esto: