Homenaxe ao P. Esteban en Monforte

O padre Esteban Martínez González, profesor do colexio Escolapios de Monforte, falecido no ano 2002, estaba enterrado en Madrid. E expresara en vida o seu desexo de recibir sepultura en Monforte.

 O 23 de abril inhúmanse os seus restos no panteón dos Escolapios do cemiterio municipal e celébranse varios actos de homenaxe:

– Eucaristía en memoria do P. Esteban na igrexa da Compañía.

– Ás 20h inauguración dun busto de bronce nas inmediaciones do colexio. O monumento finánciase por suscripción popular

– Presentación dun libro que trata sobre o labor relixioso, docente e de divulgación da historia de Monforte.

– Cea de confraternización

O P. Esteban deixou unha gran pegada educativa, non só por ensinar a numerosos alumnos da zona de Lemos e outras partes de Galicia, senón pola súa elevada calidade intelectual e humana.

Os Escolapios de Monforte dan a coñecer a súa oferta educativa

A proxección do Centro educativo no entorno é grande, pola súa arraigada tradición. De feito, unha grande parte dos alumnos actuais son fillos e netos de antigos alumnos. Pero as tardes dos venres de febreiro, adícanse a dar a coñecer en detalle a oferta educativa.

Tamén na páxina web do centro presentan vídeos sobre algúns programas que levan a cabo, como o de estimulación temperá.

O Colexio colabora coa Igrexa local, máis que nada no aspecto pastoral, preparando a grupos de nenos para recibir a Primeira Comunión e con grupos de xóvenes en actividades de pastoral xuvenil.

A %d blogueros les gusta esto: