Concluíu a peregrinación diocesana a Lourdes

Hospitalidade Diocesana de Lourdes

Na peregrinación diocesana a Lourdes (1-5 de xullo) participaron un total de 642 peregrinos, acompañados de 28 sacerdotes e os 18 compoñentes da Xunta Directiva da Hospitalidade, que viaxaron en doce autobuses. Os peregrinos participantes eran: enfermos, persoal sanitario, hospitalarios e peregrinos, todos eles socios desta Hospitalidade diocesana.

Convén destacar a nutrida representación xuvenil que acompañou este ano a peregrinación, composta por 23 nenos e mozos. A peregrinación lucense foi a máis numerosa de todas cantas acudiron a Lourdes ao longo da primeira semana de xullo e unha das poucas que non suspenderon a súa viaxe, debido aos gravísimos danos ocasionados durante as recentes inundacións, que manteñen pechadas ou a medio uso boa parte das súas igrexas e instalacións, así como numerosos hoteis da localidade.

A peregrinación estivo presidida polo novo Vicario Xeral da Diocese de Lugo, D. José Mario Vázquez Carballo.

Asemblea-convivencia da Hospitalidade de Lourdes

O día 11 de febreiro, a partir das 4,30 da tarde, terá lugar na Casa Diocesana de Exercicios de Lugo, a Asemblea-convivencia da Hospitalidade de Lourdes. Algúns actos son os seguintes:

  • Reflexión Mariana, co título do lema do ano 2.013: “Lourdes, unha porta da Fe”, a cargo da Dra. Ana María Fedormo Murado, médico en Navia de Suarna e peregrina na última peregrinación a Lourdes.

  • Información do pasado curso e programación do curso actual.

  • Vivencias ou resonancias persoais dos participantes.

Ás 19h, será a Eucaristía.

Ese día é unha oportunidade de reencontrarse; compartir cos compañeiros peregrinos; estar ao día da marcha da Hospitalidade.

Ademais, nese día ábrese a inscrición para a Peregrinación a Lourdes.

A %d blogueros les gusta esto: