A Hospitalidade de Lourdes programa o novo curso

O mércores 21 hai unha reunión – convivencia, de toda a Xunta Directiva e Responsables de zonas da Hospitalidad Diocesana de Lourdes. Será en Brigos, Chantada, tendo como anfitrión a Pegerto Torres e o seu equipo. O programa é o seguinte:

Ás 11,30 h en Brigos haberá unha reunión de encontro-revisión-programación das actividades da Hospitalidade de Lourdes.

Sobre as 12,30, será a Eucaristía concelebrada na igrexa románica de Brigos.

Sobre as 13,30 h os presentes trasladaranse a unha adega da Ribeira Sacra, onde compartirán unha comida de irmandade, seguida duns momentos de convivencia.

Asemblea – convivencia da Hospitalidade Diocesana de Lourdes

A Casa Diocesana de Exercicios de Lugo acolle o 11 de febreiro, ás 4 da tarde, a Asemblea-Convivencia da Hospitalidade de Lourdes. Este ano a reflexión Mariana, co título do lema do ano 2.015: “LOURDES: a alegría da MISIÓN”, corre a cargo do seminarista Nicolás de María Susena Presas, que participou na peregrinación do ano 2014.

A continuación haberá unha breve información xeral do curso pasado e da programación do actual, cun apartado especial para a xestión económica.

Os asambleístas farán suxestións para as próximas peregrinacións e darán a coñecer vivencias ou resonancias persoais.

Tras un descanso, ás 18,30 h será a Eucaristía concelebrada e presidida polo Sr. Bispo.

Convivencia da Hospitalidade de Lourdes

Hospitalidade de Lourdes

A Hospitalidad diocesana de Nosa Señora de Lourdes de Lugo realizou, durante todo o día 21 de outubro, unha convivencia-reunión de programación para o próximo ano 2015. Nela participaron a práctica totalidade dos membros da Xunta Directiva e dos responsables e corresponsables de todas as zonas da Diocese lucense, presididos polo Bispo de Lugo, D. Alfonso Carrasco Rouco e o Vicario Xeral, D. Mario Vázquez Carballo.

A xornada iniciouse visitando o Mosteiro de Samos, con percorrido guiado a cargo do Pai Prior D. Luis Vélez, e o Santuario de San Eufrasio no Val do Mao (O Incio), onde se celebrou a Santa Misa.

Os participantes foron recibidos no Concello do Incio pola Alcaldesa da vila, que lles dirixiu unhas atentas palabras de benvida no Salón de Plenos (foto superior). Terminado o acto, visitouse o conxunto histórico e a igrexa de Hospital, xantouse en Vilaboa (Bóveda), onde máis tarde celebráronse as reunións. Xa pola tarde, visitouse o Ecce Homo da Capela de Rubián e a antiga ferrería de Penacoba en Teilán; finalizando cunha emotiva celebración mariana no Santuario dos Remedios de Cesar (Sarria).

Asemblea-Convivencia da Hospitalidade de Lourdes

A Asemblea-Convivencia da Hospitalidade Diocesana de Nosa Señora de Lourdes é na Casa Diocesana de Exercicios de Lugo o día 11 de 4,30 a 7,30 da tarde. Actos:

  • Oración inicial e saúdo.

  • Reflexión mariana, co título do lema do ano 2.014 : “Lourdes: a alegría da conversión”, a cargo de D. Jesús Cando Freire; ex director de Caritas Diocesana.

  • Breve información xeral do curso 2.012-13 e programación do curso 2.013-14.

  • Presentación da economía do curso pasado e proxecto para o actual.

  • Suxestións dos asembleístas.Vivencias ou resonancias persoais dos participantes.

Tras un descanso, ás 6,30h será a Eucaristía concelebrada e presidida polo Sr. Bispo.

[Ver mensaxe do Papa Francisco con motivo

da Xornada do Enfermo]

A Hospitalidade de Lourdes programou as actividades do 2014

Hospitalidade Lourdes

A Hospitalidade Diocesana Nosa Señora de Lourdes de Lugo realizou o día 25 de outubro, unha convivencia-reunión en Meira. Presididos polo Vicario Xeral da Diocese de Lugo, Mario Vázquez Carballo, participaron os membros da Xunta Directiva e os responsables e corresponsables de todas as zonas da diocese lucense. Aprobaron o calendario de actividades do ano 2014, centrado nas peregrinacións diocesanas a Lourdes e Fátima, e a novena da Nosa Señora de Lourdes.

Tras unha visita guiada ao conxunto histórico da Igrexa Monasterial de Santa María de Meira, o alcalde da vila dirixiu unhas atentas palabras de benvida no Salón de Plenos, lugar onde se celebraron as reunións. A última hora da mañá, tivo lugar unha Eucaristía na igrexa parroquial, concelebrada por doce sacerdotes. Xa pola tarde, percorréronse os arredores (Pedregal de Irimia, a Fonte Miñá, o Castro de Viladonga). 

A %d blogueros les gusta esto: