Celebración da Pascua de Mans Unidas

O venres 30 de abril a igrexa da Milagrosa (Lugo) acolle unha Eucaristía coa que Mans Unidas celebra a Pascua e ao mesmo tempo pedirase pola saúde de socios, colaboradores, voluntarios, enfermos. Ademais, haberá un recordo polos falecidos durante o último ano entre membros da organización e familiares.

Despois da Misa haberá un tempo de adoración eucarística. A acción ten que ir acompañada da contemplación.

Campaña contra a fame de Mans Unidas

O domingo 14 de febreiro é a Xornada Nacional de Mans Unidas, organización que no ano 2019 levou a cabo 540 proxectos en 57 países, resultando apoiadas 1.556.957 persoas. Algo máis de 43 millóns de euros foi o recadado (a maior parte do sector privado). Co 83,9 % dos ingresos financiáronse os proxectos de desenvolvemento (educación, saúde, saneamento, medios de vida, dereitos humanos…) e co 5,3 % fíxose a sensibilización.

Mons. Alfonso Carrasco Rouco adica unha carta pastoral á Campaña e nela afirma que debemos facer “un exercicio de responsabilidade fraterna, de preocupación polo ben común, no horizonte grande do noso mundo”. [Carta pastoral en español] [Carta pastoral en galego]

O venres 12 de febreiro ás 20:30h. hai un encontro de oración en liña que dirixirá o consiliario de Mans Unidas Lugo  Miguel Ángel Álvarez. O enlace para a reunión: https://meet.google.com/egk-tgpa-ofy

 Trece TV adicou un programa especial á Campaña.

 As persoas que queiran facer donativos poden facelo directamente na conta bancaria de Mans Unidas Lugo, indicando no concepto o nome, apelidos e DNI, se desexa que lle desgrave na declaración da renda.

ES74 2080 0152 6230 4000 7386       ES86 0049 0091 0724 1533 1088    Bizum 02130

[Manifesto]

Mans Unidas Lugo doa unha cesta de Nadal e 100 máscaras ao Comedor San Froilán

No mes de decembro Mans Unidas Lugo sorteaba unha cesta de Nadal. O número premiado debería coincidir cos tres últimos números do premio gordo da Lotaría Nacional do 22 de decembro e no caso de que quedase deserto o premio nese sorteo, debería de coincidir coas tres últimas cifras do sorteo da ONCE do 31 de decembro. Dado que nos dous sorteos o premio quedou deserto, Mans Unidas Lugo, por decisión das súas voluntarias e do equipo directivo, acordou doar o contido da cesta ao Comedor Diocesano de San Froilán. E tamén se fixo unha doazón de 100 máscaras hixiénicas. A entrega fíxose ás Fillas da Caridade de San Vicente de Paúl, que se encargan do Comedor San Froilán.

Os donativos obtidos da venda das rifas, irán destinados aos proxectos que Mans Unidas Lugo leva a cabo nos países máis desfavorecidos economicamente.

Mans Unidas Lugo procura completar a financiación dun proxecto na India

Mans Unidas-Lugo, sorteará o vindeiro día 22 de decembro, unha cesta de Nadal. O número premiado ha de coincidir cos tres últimos números do premio gordo da Lotaría Nacional, que se celebrará en Madrid o 22 de decembro do 2020.

No caso de que queda deserto o premio neste sorteo, a outra posibilidade é que coincida coas tres últimas cifras do sorteo da ONCE do 31 de decembro.

A recadación obtida irá destinada a financiar o seguinte proxecto:

Mellora da atención da insuficiencia renal causada por contaminación en Raigarth (India)

Importe do proxecto: 17.262 euros.

As rifas poden adquirirse, polo donativo de 3 euros, cada unha, na sede de Mans Unidas.

Dirección: r/ Anxo López Pérez n° 10-12 Local I Lugo (fronte á porta principal do Seminario de Lugo).

Horario de 11 a 13 de luns a venres. Teléfono: 982 25 55 67

Tamén hai rifas na libraría La Voz de la Verdad.

Campaña de Mans Unidas “Acende o teu compromiso”

Esta pasada fin de semana (14 e 15 de novembro) Mans Unidas promoveu a campaña “24 horas para alumar o mundo. Acende o teu compromiso”.

Na cidade de Lugo, as fachadas do Concello e da Deputación (foto superior), ademais dunha parte da muralla lucense (A Mosqueira) estiveron iluminadas coa cor corporativa de Mans Unidas, o azul. Ademais, membros da organización e outras persoas que se uniron á campaña, portaban candeas, como símbolo da necesaria luz que debería iluminar as zonas escurecidas do planeta, as máis empobrecidas.

A %d blogueros les gusta esto: