Mercado solidario Artenova

 

A Parroquia Santiago A Nova (Lugo) iniciou a apertura da súa exposición e venda de artesanía, produtos ecolóxicos, antigüidades… o sábado 6 de maio no local da igrexa que ten entrada pola rúa San Pedro. O recadado coa venda dos produtos e cos donativos recibidos destínase integramente aos fogares en graves problemas económicos.

Horario: de 10 a 14 h e de 16:30 a 20:30 h

Doce Nadal na Parroquia Santiago A Nova

A Parroquia Santiago A Nova (Lugo) organiza a campaña “Doce Nadal!” os días 17, 18 e 19 de decembro.

Trátase dun mercado solidario para recadar fondos cos que contribuír á actuación de Cáritas. Durante a fin de semana, na antiga sancristía da igrexa, con entrada pola rúa San Pedro, estará a venda repostería caseira, licores, mel e outros produtos ecolóxicos.

Campaña Doce Nadal 2020

A Parroquia de Santiago A Nova organiza a Campaña Doce Nadal de reposteria caseira, froitos ecolóxicos, licores, mel, etc. Se en anos anteriores había unha necesidade de recibir axuda en moitas familias, este aumentouse polos problemas que está a xerar a pandemia. Por iso, acódese a toda a boa xente que ano tras ano, ben con produtos, ben con donativos, contribúe a que estas familias teñan realmente un doce Nadal.

  • Datas: venres 18 apertura e recollida de artigos

  • Vendas e recollida de donativos: días 18, 19 e 20 

  • Horario: 10 a 14 e 16 a 20,30 h.

  • Local: Sacristia antiga da Parroquia. (entrada r/ San Pedro, á beira de Correos)

  • Cabida: 4 persoas.

Mercado solidario na Parroquia da Milagrosa

Como en anos anteriores, a Parroquia lucense da Milagrosa organiza un mercado solidario co fin de recadar fondos destinados á atención das persoas máis necesitadas e para o sostemento da Parroquia. Permanece aberto ata o 4 de setembro co seguinte horario: de 11:30 h a 13 h e de 17:30 h  a 20:30 h.

Hai artesanía (mantelería, toallas bordadas, panos de cocina, cerámica, cestería, pintura…) productos ecolóxicos e do campo (doces, licores…) entre outras moitas cousas.

Aprovéitase a ocasión para agradecer a colaboración que se presta, pois sen ela non sería posible a acollida que cada semana se leva a cabo no despacho parroquial, nin soster o labor social e pastoral da Parroquia.

Doce Nadal nas parroquias de Santiago A Nova e Silleda

Os días 14, 15 e 16 de decembro a Parroquia de Santiago A Nova organiza a tradicional campaña Doce Nadal de repostaría e produtos ecolóxicos de elaboración caseira. É un acto solidario que leva organizando hai 24 anos o Grupo de Maiores da Parroquia en favor dos máis necesitados. Pódese colaborar entregando produtos, comprándoos e entregando donativos. O recadado irá destinado integramente para Cáritas.

Lugar e horario: Sancristía vella da parroquia (a carón de Correos) de 10 a 14 e 16,30 a 21h

Diante da igrexa Santa Baia de Silleda os días 21, 22 e 23 de decembro haberá un mercado de doces, licores, conservas, queixos, mel e outros produtos artesanais a beneficio de Cáritas Interparroquial de Silleda.

Previamente, o 16 de decembro, con motivo dos 25 anos de ordenación sacerdotal do párroco, José Pérez Barreiro, o Sr. Bispo presidirá unha Eucaristía ás 13 h no Auditorio Semana Verde, con intervención da Coral Polifónica Trasdeza e Coro Vales María. Seguidamente, haberá unha comida.

A %d blogueros les gusta esto: