Carta de Ana, misioneira en Bolivia

O sete para os cristiáns é un número importante, polo simbolismo que encerra. Para min hoxe é o número de anos que cumpro en misión e invítame a facer unha revisión persoal.

Que pasou comigo neste tempo?

Coñecín, e sigo coñecendo unha cultura complexa e marabillosa, unha cultura que non che grita as cousas á cara, pero vaiche ensinando a ler a vida, no silencio, nos xestos… unha cultura que entende a amizade dun xeito distinto, pero se un se deixa sorprender descobre unha nova dimensión desta, e axúdache a ver cunhas novas lentes as relacións humanas. Unha cultura que vive o presente, porque non sabe se hai mañá. Unha cultura que sofre, e festexa a vida.

Coñecín o significado de grandes palabras na miña vida, que cría coñecer, pero realmente non era así. O seu significado profundo, tocou a miña alma, e cambioume como persoa.

Cría saber o que era a liberdade. Os privados de liberdade ensináronme a descubrir o seu valor e significado máis profundo -que ás veces as peores ataduras, non son as reixas, ou o encerro- senón os golpes da vida, que marcan a túa existencia.

Ler máis

Conferencia do misioneiro Antonio Diufaín sobre a República Dominicana

misioneiro República Dominicana

O 13 de outubro ás 20h no Seminario, o sacerdote Antonio Diufaín Mora impartiu unha conferencia co título “La República Dominicana y el cruel negocio del azúcar”. 

A primeira actitude necesaria é a de encherse do desexo de que todo o mundo perciba o amor de Deus. E logo a colaboración real activa coa misión, tanto a vertente espiritual como a material. Antonio Diufaín considera que a tarefa supera as forzas, pero sáese adiante pola graza de Deus, pola oración tanto propia como a oración doutras persoas que apoian a misión desa maneira. Para Antonio Diufaín poden desaparecer as escolas, as fábricas… que montan os misioneiros, pero o amor que se puxo, iso non desaparece.

Sobre o traballo na recolección da cana de azucre na República Dominicana, faise nun réxime de semiescravitude: reciben máis coidados os bois cás persoas. Aínda así, a xente ten unha forza interior que xa quixeran para si os habitantes do primeiro mundo.

Exposición e venda de produtos elaborados por presos bolivianos na igrexa Santiago A Nova

 Na igrexa Santiago a Nova (entrada pola rúa San Pedro), organízase un mercado solidario en favor da misión que fai Ana López Castaño, misionera laica de Lugo que leva a Boa Nova, sobre todo, no penal de Sacaba, Bolivia.

O que se expón e vende son produtos de artesanía e artículos relixiosos, e pinturas feitas polos presos.

Ana López está apoyada polos Misioneros Laicos Vicentinos de San Vicente de Paúl e pola Diocese de Lugo.

Días: Entre o 13 e o 19 de maio,

Horario: de 10-13,30 e de 17-20 horas.

Día do Misioneiro Diocesano e de Hispanoamérica

2 de marzo: Xornada do Misioneiro Diocesano

Hai unha mesa redonda con laicos que tiveron experiencia misioneira ás 5 da tarde no salón parroquial de San Francisco Xavier, Lugo, e Eucaristía ás 6:30h.

Domingo día 3 marzo: Día de Hispanoamérica

Convídase a todas as persoas de Hispanoamérica a participar na celebración eucarística de 12:30 na parroquia de San Francisco Xavier.

A continuación haberá unha Exposición de cultura latinoamericana.

A %d blogueros les gusta esto: