Clausura do Ano Teresiano

O xoves 15 de outubro o Mosteiro carmelita da Santísima Trindade (Barxelas, Muxa, San Fiz, Lugo) acolle os actos de clausura do V Centenario do Nacemento de Santa Teresa de Xesús. Ás 18:30h haberá rezo do Santo Rosario e ás 19h a Eucaristía presidida polo Delegado para a Vida Consagrada Marcos Torres.

Tamén no Corpiño haberá unha celebración especial o día 15, por canto no devandito santuario hai unha imaxe de Santa Teresa.

Os actos no Corpiño son os seguintes.

– Confesións a partir das 17,30h.

– Misa Solemne ás 18h, presidida polo Vicario de Pastoral, Luis Manuel Rodríguez Pérez.

– Adoración ao Santísimo (como cada xoves)

– Grupo de oración ás 20h.

10 outubro día 15 o corpiño 2

A %d blogueros les gusta esto: