Celebracións na honra da Virxe de Fátima

A Parroquia do Sagrado Corazón (Estación) de Monforte de Lemos está a celebrar a Novena da honra da Virxe de Fátima a partir das 18:45 h (Santo Rosario, Novena e Santa Misa). O domingo 14 na Misa das 19:30 h haberá celebración comunitaria da unción de enfermos.

O sábado 13 de maio ás 11h celébrase a Eucaristía, e poderá recibirse a Santa Unción, na Parroquia de San Pedro (Lugo). Desde o día 5 está celebrándose a Novena na honra da Nosa Señora de Fátima, que comeza cada día ás 18:30 h co Rosario, para seguir coa Novena e a Eucaristía.

Suspendida a peregrinación a Fátima prevista para setembro

A Hospitalidade Diocesana de Nosa Señora de Lourdes de Lugo informa que, debido á actual realidade sanitaria e aos informes recibidos do Santuario portugués de Fátima, vese obrigada a suspender a anual peregrinación diocesana a Fátima, na data en que estaba programada, do 3 ao 6 de setembro.

Así mesmo, a Xunta Directiva comunica que acordou enviar ao Santuario francés de Lourdes, a primeiros do mes de agosto, un primeiro donativo de todas as esmolas e ofrendas que os socios e peregrinos entregaron para este santuario até o momento. No vindeiro mes de decembro farase outro envío do recibido ata entón.

Novena en honra da Virxe de Fátima

O vindeiro domingo día 5 de maio comeza na Parroquia de San Pedro (Lugo) a Novena en honra da Nosa Señora de Fátima. Os actos comezan ás 18:30 h (os domingos ás 17:30 h) co rezo do santo Rosario, exercicio da Novena e celebración da Eucaristía, presidida por José Antonio Adrio.

O día 13, festividade da Virxe de Fátima, ás 11 da mañá celébrase a Misa para os enfermos, na que se imporá a Santa Unción.

Organizan: Apostolado de Fátima, Lexión de María e Fillas de María.

Peregrinacións a Fátima

Entre os días 4 e 6 de maio a Parroquia de San Pedro (Lugo) organiza unha peregrinación ao santuario de Fátima. Visitaranse as casas dos pastorinhos, Ajustrel e Tola do Cabeço (aparicións do Anxo), Valinhos (aparición da Virxe de Agosto), Cova de Eiria (aparicións da Virxe) e Basílica da Santísima Trinidad.

Durante os 3 días de peregrinación participarase en actos como o rosario de Fachos, Misa na Capela do Anxo da Paz, Misa internacional no santuario e Vía Crucis.

Pola súa banda, Apostolado de Fátima organiza unha peregrinación ao santuario portugués os días 25, 26 e 27 de maio.

O sábado faranse actos relixiosos, o domingo asistencia a Misa Internacional, e despois de comer en Fátima regreso a Lugo.

Propóñense distintas actividades de carácter opcional e voluntario para cada persoa: procesión de antorchas, visitas á Basílica, museos… O aloxamento será no Hotel Coroa de Fátima.

Para máis información: teléfonos 982 81 29 10 / 698 13 58 60

Primeiros sábados en honra á Virxe de Fátima

Os primeiros sábados en honra á Virxe de Fátima comezan o 7 de outubro. Haberá Eucaristía e rezo do Santo Rosario ás 6 da tarde na igrexa das MM. Agustinas (Lugo). Neste primeiro sábado concorre unha circunstancia especial, pois durante a Eucaristía a irmá agustina recoleta Elva fará a profesión simple na súa congregación.

[O porqué da devoción dos primeiros sábados]

A %d blogueros les gusta esto: