Testemuños na asemblea da fase diocesana do Sínodo 2021-23 (e V)

María (Lugo – San Antonio):

Como moza, creo que na Igrexa non se está valorando a mocidade. No traballo sinodal saíu esta preocupación pero non damos espazos nos que os mozos poidamos estar a gusto. Se realmente nos preocupan, melloremos este xeito de aproximarnos á mocidade, porque por ela mesma non se achegará.

Como muller, reivindicando o meu papel, recoñecendo en primeiro lugar o labor de tantas mulleres que camiñaron e loitaron para que todas poidan colaborar e eu poida estar aquí falando agora e sendo escoitada. Nas achegas ao Sínodo viuse que queda moito por facer no ámbito da igualdade real. Espérase contribuír algo nese aspecto e ver froitos deste camiño que estamos iniciando e que hai moitas gañas de facelo.

Como cristiá, intentando ser luz e sal no mundo. Que todo o que vivo, creo, sexa testemuño vivo, tanto as miñas palabras como as miñas accións. Vivir con conciencia social que me leve a encarnar a mensaxe do Evanxeo”.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: