Triduo en honra da Virxe das Dores

Organizado pola Confraría do Desencravo do Señor e das Maiores Dores da Santísima Virxe, iníciase o día 13 de setembro e ten a súa continuación os días 14 e 15. Este triduo en honra da Virxe das Dores ten lugar na igrexa dos PP. Franciscanos de Lugo co seguinte horario: ás 19h Santo Rosario e ás 19:30h. Eucaristía. O último día, o venres día 15, a Misa será cantada polo Orfeón Xoán Montes, de Lugo, e ao finalizar a mesma, haberá un bicamáns á Virxe das Dores, para todas aquelas persoas que queiran achegarse.

Nesta celebración, a Virxe volverá lucir o seu valiosísimo e espectacular Manto Procesional, confeccionado en 1965 en Valencia con veludo negro bordado en ouro e adornado con pedrería e perlas, e considerado polos entendidos como o máis valioso dos que existen na Semana de Paixón galega.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: