Viaxe a Croacia de Pastoral da Saúde

Pastoral da Saúde de Lugo organiza unha viaxe a Croacia durante 8 días, do 5 ao 12 de xullo.

Os dous primeiros días visítase Venecia.

O 7 de xullo os viaxeiros estarán na antiquísima cidade de Porec, famosa pola súa basílica eufrasiana do século VI, Patrimonio da UNESCO. Visítase tamén a cidade de Púa co seu Anfiteatro romano.

O día 8 é un día adicado aos lagos: os de Plitvice, (con 16 pequenos lagos entrelazados e con fervenzas), o de Kozjak (con paseo en barco), e o de Glosac.

O 9 de xullo visítanse Zadar, con 3000 anos de historia; Trogir, cidade medieval e Split, cidade con herdanza desde a época romana.

E os últimos días visítase unha das cidades máis fermosas de Europa, rodeada de murallas e fortificacións: Dubrovnik.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: