Xornadas formativas no Mosteiro de Poio

O clero galego ten a súa Semana de Formación Permanente no Mosteiro de Poio do 11 ao 13 de setembro baixo o lema: “25 anos das xuntanzas dos cregos de Galicia: vivindo a comuñón”. Efectivamente, hai 25 iniciábanse estas xornadas, como resposta á publicación da Exhortación apostólica postsinodal Pastores Dabo Vobis, que insistía tanto na importancia da formación.

Ao longo destes 25 anos pasaron polo encontro centenares de sacerdotes, que se beneficiaron dun ámbito privilexiado de comuñón e de formación: puideron escoitar e establecer diálogos con decenas de relatores, compartiron testemuños de vida e experiencias pastorais, rezaron e celebraron a liturxia xuntos.

O programa deste ano é o seguinte:

Luns, 11 de setembro:

10:30 h Acollida. Inscrición e recollida de materiais.

11:00 h Apertura. Hora Intermedia. Presentación das Xornadas

11:30 h – 1ª Relatorio. “A vida e o ministerio do sacerdote hoxe”, por Beniamino Stella, Cardeal Prefecto da Congregación para o Clero.

13:00 – Eucaristía presidida por Beniamino Stella

17:00 – 2ª Relatorio e diálogo: “Visión retrospectiva das Xornadas de Poio, 1993-2017”, por Luis Quinteiro Fiuza, Bispo de Tui-Vigo.

19:00 – Talleres: “Itinerario de Formación Católica de Adultos” (Equipo A. C. de Mondoñedo-Ferrol); “A música na nova impresión do Misal” (Secretariado de Música Sacra de Santiago).

20:45 – Adoración eucarística – Vésperas.

21:30 – Cea. A continuación convivencia – velada festiva.

Martes, 12 de setembro:

8:30 – Laudes – Eucaristía.

9:30 – Almorzo.

10:30 – 3ª Relatorio e diálogo: “Unha experiencia práctica: O caso da Parroquia de Sto. Domingo de Algete”, por José María Sánchez de la Madrid, Vicario Xudicial de Alcalá de Henares e Párroco de Sto. Domingo de Algete.

12:00 — Descanso.

12:30 – 4ª Relatorio e diálogo: “Estamos dispostos a botar por terra nosas inercias?”, por José María Sánchez de la Madrid.

14:00 – Comida. Descanso.

16:00 – Convivencia – Excursión marítima.

21:30 – Cea (Opcional).

Mércores, 13 de setembro:

8:30 – Laudes – Eucaristía.

9:30 – Almorzo.

10:30 – Mesa redonda: “A influencia da «Pastores Dabo Vobis» nos Presbiterios diocesanos, nos Seminarios e no proceso de elaboración do novo Plan de Formación”. Interveñen:

  • Antonio Rodríguez Basanta, Delegado episcopal para o Clero de Mondoñedo-Ferrol: A «Pastores Dabo Vobis» no Presbiterio diocesano.

  • Carlos Álvarez Varela, Rector do Seminario Maior de Santiago: A «Pastores Dabo Vobis» nos Seminarios.

  • José Angel Feijóo Mirón, Rector do Seminario Maior de Ourense: A «Pastores Dabo Vobis» na elaboración do Novo Plan de Formación dos Seminarios.

11:30 – Descanso.

12:00 – Coloquio sobre a temática precedente.

13:00 – Clausura das Xornadas.

14:00 – Comida.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: