Testemuños na asemblea da fase diocesana do Sínodo 2021-23 (III)

Luisa (Lalín):

Emprendemos unha nova travesía, na que queda demostrado, para quen participamos, o que é en si un proceso sinodal. No pasado pensabamos que iso só se podía realizar a través de cardeais e bispos pero actualmente fáisenos ver que todos podemos participar. É o que se nos pide neste proceso: axudarnos mutuamente a escoitar o que o Espírito Santo di a cada persoa e a todos nós xuntos. Esta escoita permitirá que poidamos ser unha verdadeira Igrexa misioneira. Non se trata de seguir estruturas ríxidas senón mirar ao interior de cada un, valorar quen somos e a onde nos diriximos. Falaba o papa Bieito XVI das minorías creativas, de que a Igrexa debe estar creando sempre, movida polo Espírito Santo, espazos novos. A peculiaridade deste Sínodo é que xa comezou con estes cambios.

Celebración de San Xoán de Ávila

A Diocese de Lugo celebra o 10 de maio a festividade de San Xoán de Ávila, patrón do clero español, con varios actos no Seminario: O primeiro foi unha conferencia do profesor Xosé Manuel Domínguez (Instituto da Familia de Ourense). O título da disertación era “Que lle pide hoxe un laico a un cura?” e as respotas que foi dando foron as seguintes:

En primeiro lugar é que dea testemuña da súa fe, do seu vencello con Cristo, estando en comunicación explícita coa Igrexa, co seu Bispo.

Segundo, o que lle pedimos é que sexa alguén que anuncie, que fale de Cristo, que anuncie o Evanxeo, sen perderse en cuestións de segunda orde.

Terceiro, que non perda o seu profetismo, de denuncia do que está mal.

E que sexa alguén próximo, que acompañe construíndo comunidade. Ten que ser líder comunitario, non un simple funcionario de administración de sacramentos, senón que acompañe, que sexa un xerador de comunidade.

Hai certos ámbitos nos que necesitamos que haxa sacerdotes implicados: pastoral familiar, pastoral xuvenil.

Os sacerdotes forman unha comunidade presbiteral, deben ser acompañados uns polos outros. Non poden illarse porque tamén teñen sufrimento, dificultades.

Outro aspecto é a sanación, mostrando a dignidade daquel con quen está, interesándose, escoitando moito, promovendo a confesión sacramental.

Finalmente, que o sacerdote cambie para ben a vida dos demais coa súa alegría”.

Trala conferencia, celébrase a Eucaristía presidida polo Sr. Bispo, e unha comida de confraternidade.

Testemuños na asemblea da fase diocesana do Sínodo 2021-23 (II)

Dolores (Melide):

Desde o primeiro día xurdíu un ambiente especial e ilusionante de reflexión e de maduración. Deu como primeiros froitos a convivencia e o mellor coñecemento entre nós. Tamén o propósito de repetilo periodicamente para afirmar o noso camiñar como Parroquia, Diocese, Igrexa Universal. Para min foi unha experiencia moi enriquecedora que me abriu os ollos, que me removeu por dentro. Cristo estaba convocándonos para lembrarnos que debemos camiñar xuntos, que temos que poñernos en acción e por suposto desde a humildade, e guiados polo Espírito Santo, cultivar a esperanza e a fe.

Festividade de San Xoán de Ávila

A Diocese de Lugo celebra o 10 de maio a festividade de San Xoán de Ávila, patrón do clero español co seguinte programa de actos, no Seminario:

  • 11:30 h Conferencia “Que lle pide hoxe un laico a un cura?” polo profesor Xosé Manuel Domínguez (Instituto da Familia de Ourense). No salón de actos.
  • 13 h: Eucaristía presidida polo Bispo Mons. Alfonso Carrasco, na Capela Maior
  • 14 h Comida de confraternidade.

Haberá un acompañamento especial a quen cumpren as súas vodas de ouro como sacerdotes:

  • Antonio Fernández González (Parroquia do Bo Pastor)
  • Antonio Lage Vigo (Castelo…)
  • Manuel Rodríguez Álvarez (xubilado)
  • José Antonio Salgado Agromartín (adscrito a parroquias de Lalín)
  • Jesús Antonio Trigo López (Esperela-O Cádavo…)

E a quen cumpre as súas vodas de prata como sacerdote:

  • José Catanga, saletino (Carboeiro…)

Testemuños na Asemblea da I fase diocesana do Sínodo 2021-23 (I)

O 7 de maio celebrouse a Asemblea da primeira fase diocesana do Sínodo 2021-2023, na que deu o seu testemuño María Luisa (Lugo – Bo Pastor):

Desde a participación no grupo experimento unha chamada a ser, a ser na miña vida cotiá, a estar a gusto co que fago e como seguidora de Xesús. Iso pídeme estar doutro xeito; a miña presenza é outra, non só o que quero facer, o que se me pide como seguidora de Xesús. Decátome de que para facer isto na miña comunidade de referencia. Isto foi o que experimentei estos días. Falouse de escoitar e dialogar; para min foi como un redescubrimento de que o diálogo consistía en escoitar con todo o corpo. O traballo que se fixo foi fantástico, porque necesitamos cambiar”.

A %d blogueros les gusta esto: