Celebración de San Mateo en Monforte

A tradicional romaría de San Mateo en Monforte comeza o mércores 21. Desde a Parroquia da Estación sáese ás 9:30 h en peregrinación ata o Santuario, que está en A Parte. Aquí celébrase a Eucaristía cada hora, sendo a última, ás 13 h, Misa solemne. O xoves 22 tamén se celebra Misa solemne ás 13 h

O festexo chamado San Mateo Pequeno celebrábase en tempos na localidade de Cinsa, Baamorto. A festa nacera cando xente de concellos veciños (Pantón, O Saviñao), que asistira ao San Mateo, regresaba a pé ás súas casas e descansaba en Cinsa.

Celebrábase tradicionalmente o seguinte domingo ao San Mateo, polo que este ano é o 25 de setembro. Ás 13 h celébrase Misa.

Unha das motivacións para recuperar o San Mateo Pequeno é divulgar o patrimonio histórico, cultural e paisaxístico local. Por iso, ás 11 h faise un percorrido guiado pola localidade e a súa contorna, lembrando por exemplo a tradición vitícola que houbo e a musical: zanfonista Amadeo Goyanes. Ademais, confeccionaranse uns arcos vexetais decorativos para celebrar o San Mateo Pequeno.

Programación da relixiosidade do home

Desde sempre na mente do home existiu o concepto dun ser plenamente perfecto en si mesmo.

Transcorrido o tempo, o desexo deste ser perfectísimo pasou á vontade humana, para que se fixese realidade, e cando se cumpriu isto, o home compraceuse niso, vendo as vantaxes que lle reportaba, e amouno entrañablemente; e comprendeu que Deus amábao, ata tal punto que converteu a lei do decálogo en paternidade amorosa, e a relixiosidade do home fíxose auténtica filiación de fillo. Desde entón as relacións Deus – home son outras: as leis impoñen obrigacións e causan afastamento, co consecuente medo a ser sancionados se delinquimos en algo.

Ante este comportamento de Deus, o home pasou do medo á xenerosidade; pasou do cumprimento de mínimos, ao que obriga a lei, a unha actitude de xenerosidade impulsado polo amor de pai con que Deus estaba a tratalo.

En efecto, o Señor cambiara o dereito lexislativo pola promesa de perdón e a abundancia de dons. Agora Deus xa non é sancionador de culpas, senón perdoador de pecados. Espera ao fillo que volve a casa na que atopa ao pai bo, acolledor como sempre e que fai festa, cando o fillo chega, posto que un pai, posto a amar, ama para sempre e xamais reprocha o mal recibido, senón que celebra festivamente o regreso do fillo díscolo, sen o cal o fogar estaba empobrecido, e o corazón do pai seguía chorando a ausencia do fillo perdido. Este comportamento é impensable no corazón humano, pero para Deus nada hai imposible, e a antiga casa paterna continúa sendo o fogar do fillo pródigo, e no peito do pai bo segue palpitando un corazón que estrea a súa paternidade amorosa que xamais se envelleceu.

Os cristiáns, se miramos ao pasado, non vemos infidelidades, senón perdóns do Señor, e se miramos ao futuro, os nosos ollos só contemplan promesas de eterna felicidade. Consecuentemente nos nosos corazóns non caben pesimismos nin desolacións, senón gratitude e esperanza de recompensa de gloria eterna, porque ao Señor custámoslle moito, e o seu sangue derramado é o prezo da nosa salvación. Deixemos, pois, de falar dun Deus sancionador, e presentemos a un Deus salvador, que nos redimiu do pecado e da morte eterna. Mirémolo como fonte de vida e como forno ardente de perdón e misericordia, e miremos o noso futuro como o Ceo de gloria no cal nos espera o Señor.

Indalecio Gómez

Cóengo da Catedral

[Artículo en castellano]

Concertos en Lugo e Monforte

Esta fin de semana terán lugar senllos concertos de música de cámara e canto en escenarios de excepción. Os que actuarán son os integrantes da Orquestra de Cámara Galega, que estarán acompañados pola voz da soprano Laura del Río. As actuacións musicais, de acceso libre, forman parte da programación do Xacobeo 2021-2022, en concreto do ciclo “Xacobeo en cámara” que patrocina a Fundación La Caixa.

O primeiro concerto será o sábado 17 de setembro ás 20h na igrexa de San Pedro, Lugo. Cóntase coa colaboración da Diocese de Lugo.

E o segundo concerto será o domingo, 18 de setembro ás 19:30 h na igrexa da Nosa Señora da Antiga. Na organización deste concerto colaboran a sociedade filarmónica monfortina, a Fundación Nosa Señora da Antiga e o Concello de Monforte.

Celebración da Virxe da Saúde en Adai, Lugo

Os días 15 – 17 de setembro celébrase o triduo na honra da Virxe da Saúde en Adai (Lugo) ás sete da tarde, como preparación para a festa do domingo día 18. Nese día, haberá misas toda a mañá, a partir das 10, finalizando á unha coa bendición de todas as obras realizadas no templo; a tradicional “bendición de chaves” e a misa Solemne, que presidirá o Vigairo Xeral da Diocese Mario Vázquez Carballo.

A este santuario mariano, que dista tres quilómetros da cidade de Lugo, unido pola estrada das Saamasas a Ombreiro, á beira do río Miño, con abundantes sombras e varios asentos, achegaranse os seus devotos, sobre todo peregrinos de Lourdes.

En anos anteriores visitaron este santuario xentes de Baralla, Chantada, Sarria, etc. Este ano, que de novo celébrase solemnemente a súa festa, espérase que se acheguen maior número de hospitalarios de Lourdes, dado que non se peregrinou ao santuario francés.

O templo está totalmente renovado pois nestes últimos anos mellorouse o artesonado, a pavimentación; hai tribuna e tellado novos; pinturas, con nova cor no presbiterio…

Xornadas Europeas do Patrimonio

A Diocese de Lugo súmase à celebración das Xornadas Europeas de Patrimonio, este ano baixo o lema “Patrimonio Sostible”. As primeiras actividades programadas son as seguintes:

O día 14 na igrexa de Santa Mariña de Folgoso do Courel, a restauradora María Teresa López Pérez presenta o relatorio “Restauración do Retablo da Virxe do Rosario”. O obxectivo é mostrar ao público os procedementos necesarios para protexer, conservar e restaurar os bens culturais, neste caso, bens de uso cultual e litúrxico en uso e sensibilizar sobre as técnicas e materiais que se usan en restauración. A todos os asistentes entrégaselles o libro O Courel. Bajo la cruz de Santiago, s. XII – s. XIX

E outra actividade será o sábado 17 de setembro en horario de 10 a 14 horas. Consiste nunha procura de once representacións animais distribuídas pola Catedral de Lugo e o Museo Diocesano Catedralicio. Á entrada da Catedral entregarase aos visitantes un cartel coas once representacións animais que deben buscar e que pertencen a obras de distintos séculos e estilos.

A actividade será conducida polo director do Museo Diocesano Catedralicio de Lugo, Marcos Calles, o cal durante o horario da actividade axudará aos visitantes, explicará a relevancia histórico-artística de cada peza artística, así como a importancia da conservación de cada unha destas obras que forman parte de nosa historia. Actividade sen custo adicional ao prezo da entrada.

A %d blogueros les gusta esto: