Sen compromiso non hai traballo decente

Mesa redonda sobre traballo das empregadas do fogar organizada por Igrexa polo Traballo Decente – Lugo

Nestes días pasados celebrouse a Xornada Mundial polo Traballo Decente, para poñer o foco de atención no traballo como dereito e actividade para o coidado das persoas, do ben común e do planeta.

Baixo o lema Sen compromiso non hai traballo decente, a Igrexa súmase a esta xornada, para celebrar e reivindicar que aínda hai millóns de persoas sen poder acceder a un posto de traballo digno. As condicións seguen sendo de carácter precario, especialmente para as mulleres e para a mocidade.

As organizacións que formamos parte da Iniciativa Igrexa polo Traballo Decente en Lugo (Cáritas Diocesana, CONFER, HOAC, Fundación JuanSoñador e Taller de Solidariedade), acompañamos día a día a persoas que traballan no ámbito do emprego no fogar e os coidados, sendo testemuñas de como os seus dereitos máis fundamentais se ven mermados.

O compromiso colectivo levou a alcanzar logros como a recente ratificación do Convenio 189 da OIT (Organización Internacional do Traballo) que dignifica o emprego do fogar e os coidados, recoñecendo os mesmos dereitos laborais no réxime xeral ás empregadas de fogar, sendo un camiño que aínda hai que percorrer.

Sen homes e mulleres comprometidas, non será posible o traballo decente, o noso compromiso persoal, de quen son sensibles a estas situacións, son unha resposta necesaria. En referencia á carta pastoral publicada polo Bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, con motivo desta Xornada “Pois levar adiante este compromiso vai esixir ser conscientes de nosa propia realidade (…). Na loita polo traballo decente cada persoa é benvida. Tamén o noso compromiso é necesario”.

Así mesmo, reivindicamos garantir o acceso a un traballo digno de medio millón de traballadoras e traballadores migrantes en situación administrativa irregular, sumándonos á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) promovida pola plataforma #RegularizaciónYa, entendendo que é urxente unha regularización nos termos máis amplos posibles, independentemente dos avances na recente reforma do regulamento de estranxeiría.

Para finalizar, a iniciativa, urxe a analizar a proposta do papa Francisco de reducir a xornada laboral (sen baixada salarial) como medida de creación de traballo decente e a necesidade de atención ás causas que provocan a sinistralidade laboral, esta “traxedia tan estendida”, e que se busquen solucións. O traballo non é para a morte senón para a vida.

Sen dúbida avanzamos, pero seguiremos traballando día a día para que todas as persoas poidan acceder a un traballo digno.

Tania Cobas González

Iniciativa Igrexa polo Traballo Decente (ITD)

Xornada polo Traballo Decente

O 6 de outubro Marica Campo leu o Manifesto do Traballo Decente 2022

O 7 de outubro celébrase a Xornada polo Traballo Decente e con tal motivo hai varios actos en Lugo organizados por Igrexa polo Traballo Decente, Cáritas, Confer, HOAC, Fundación Juan Soñador e Taller de Solidariedade. O tema central será o das mulleres que traballan como empregadas de fogar. O primeiro dos actos foi o xoves 6 de outubro ás 20 h na igrexa Santiago a Nova, onde se celebrou a Eucaristía e ao seu remate a escritora Marica Campo fixo a lectura do Manifiesto polo Traballo Decente.

E para o venres 7 de outubro no Vello Cárcere está programado o seguinte:

Ás 19 h a coordinadora xeral da asociación Mobilidade Humana e secretaria da Rede de Mulleres de América Latina, Soledad Lucero, ofrecerá unha breve exposición sobre a experiencia das mulleres que traballan como empregadas de fogar e como coidadoras.

Ás 19:15 haberá unha mesa redonda moderada polo párroco de San Francisco Xavier, Jesús Fernández Aira, e na que intervirán:

  • Ana Pereiro, Secretaría de Política Social de UXT;

  • Carmen Seoane, Secretaría Igualdade e Muller de CC.OO. ;

  • Javier de Cominges, avogado e profesor;

  • Juan José Rodríguez, director provincial do INSS e da TXSS de Lugo;

  • Laura Arrojo, Secretaría da Muller de CIG Lugo-A Mariña;

  • Silvia Alonso, Concelleira de Muller e Igualdade do Concello de Lugo

[Carta pastoral de Mons. Alfonso Carrasco] [Manifesto]  [Nota da Pastoral Social da Conferencia Episcopal]

A %d blogueros les gusta esto: