A experiencia da Parroquia de Santo Domingo de la Calzada

José Mª Sánchez de la Madrid, párroco de Santo Domingo (primeiro pola dereita)

O segundo día da XXV Semana de Formación Permanente dos Cregos de Galicia, que se realiza en Poio, o párroco de Santo Domingo (Algete, Alcalá de Henares)  José María Sánchez de la Madrid tivo dúas intervencións e na primeira explicou o funcionamento da súa Parroquia.

O esqueleto fundamental está constituído por 4 elementos: visión, misión, dimensións e valores:

visión: onde se vai  (onde non hai visión o pobo extravíase, Prov 29:18)

misión: edificar unha comunidade cristiá para facer realidade o Reino de Deus no mundo

dimensións esenciais na vida da Igrexa (tarefas das que se fala, por exemplo, en Deus caritas est)

valores: primacía de Cristo, actitude de marcha inspirada polo Espírito Santo, caridade, alegría, comunidade na que se comparte todo, coherencia, excelencia

En xeral funciónase por actividades, que pode que non leven a nada. Se unha actividade deixa de estar aliñada neste eixe de 4 elementos, pois a actividade déixase. Isto dá moita paz, pois ás veces pénsase que eliminando actividades acábase o mundo e a experiencia demostra que pasan cousas boas e mellores.

Deus non chama aos capacitados, capacita aos chamados. Deus sabe que non somos perfectos, pero El vai capacitándonos para levar adiante a tarefa. Para descubrir por que camiño nos chama Deus para servir, de cando en vez lévase a cabo o taller  “Descubrindo a miña fórmula” CCQ carácter (encontro con Cristo), capacidade (talentos) e química (traballo en equipo). Así que non se organiza a Parroquia por necesidades, senón pola xente que hai.

Alpha foi o motor do cambio, ensina como poñerse no lugar dos alonxados. Cada ano na Parroquia Santo Domingo hai 3 Alphas: Xoves (15-17 anos), Almorzos (nais que non traballan..) e Alpha Ceas

 Oratorio de nenos pequenos: empezouse como postcomuñón e logo incorporouse á catequese. Non é que se suprimise esta, senón que houbo unha modificación: xa non era con clases maxistrais, como unha clase de relixión, senón que usando o catecismo Xesús é o Señor emprégase a metodoloxía de Gonzalo Carbó.

[Escoitar El caso de la Parroquia de Santo Domingo  Echar por tierra nuestras inercias]

 

Deixa un comentario

%d bloggers like this: