Asemblea da Hospitalidade Diocesana de Lourdes

O día 11 de febreiro a partir das 16:30 h no Seminario terá lugar a Asemblea anual da Hospitalidade Diocesana de Lourdes. Trala acollida e a oración inicial, haberá unha reflexión mariana. Por outra parte, os asistentes recibirán unha breve información do curso 2017/18 e un avance da programación do curso 2018/19. Tamén se verá a xestión económica do exercicio 2017/18 (aprobándose se procedese) e un avance dos orzamentos para 2018/19. Ademais, haberá eleccións para o equipo directivo. Adicarase un tempo para suxerencias dos socios da Hospitalidade e comunicación de vivencias persoais.

Ás 19 h o Sr. Bispo presidirá a Eucaristía.

Ese mesmo día ábrese a inscrición para peregrinar a Lourdes do 1 ao 5 de xullo.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: