Peregrinacións e viaxes desde a Diocese de Lugo

Na última semana de abril, os maiores de Samos pasarán uns días na costa de Castellón. E xa son 25 anos de vacacións-convivencia.

Con motivo DA canonización de Xoán Paulo II e Xoán XXIII hai varias opcións para ir a Roma: coa Delegación da Mocidade, con COPE.

As parroquias lucenses da Milagrosa, Santiago A Nova e San Antonio de Padua organizan en abril e maio peregrinacións e viaxes ao Tirol, Barcelona e Fátima, respectivamente.

A Hospitalidade Diocesana de Lourdes, a partir do 30 de xuño fai a súa 28ª peregrinación ao santuario francés

A Pastoral da Saúde ten programada unha viaxe a Irlanda o 8 de xullo.

E os grupos bíblicos lucense e compostelán irán a Terra Santa o 18 de xullo.

[Máis información]

Os bispos de Mondoñedo-Ferrol e Lugo no santuario da Saleta

Siador-01

Con motivo de celebrar a Curia diocesana lucense un retiro coresmal impartido polo Bispo de Mondoñedo Manuel Sánchez Monge, o día 29 de marzo estarán en Siador (Silleda) os bispos das dúas dioceses, ademais de vigairos, delegados diocesanos… A elección  de Siador está motivada por celebrarse alí, ata o 19 de setembro de 2014, un Ano Xubilar, tras 150 anos de devoción a Nosa Señora da Saleta.

Xornada de formación sobre pastoral da saúde parroquial

Mtnez Carracedo

Será o 31 de marzo no salon de actos do Seminario Maior de Lugo de 11 a 14h. Destinatarios desta Xornada son sacerdotes e os seus colaboradores na atención pastoral a enfermos e maiores.

O relator será Jesús Martínez Carracedo, sacerdote de Vigo, director do Departamento de pastoral da saúde da Conferencia Episcopal Española (imaxe superior).

Organiza a Delegación episcopal de pastoral da saúde de Lugo.

A participación é gratuíta. Non fai falta inscrición previa.

Miguel Ángel Álvarez: Quero ver ao Señor

A miúdo penso que temos “demasiadas cousas”… chega o boletín de noticias da Diocese e todas as semanas unha morea de actividades. Nos taboleiros de anuncios das igrexas non hai sitio para tanto cartel. As mesas do fondo do templo están ateigadas de estampas, trípticos, anuncios e “propaganda espiritual”.

Non podo evitar pensar mal e preguntarme se, tanta actividade ao redor da fe, servirá de algo, ou se máis ben estaremos esquecendo o esencial.

Como o cego de nacemento, que aparece no evanxeo do IV domingo de Coresma, eu tamén quero ver. Non quero ver calquera cousa. Quero ver ao Señor, ao mesmo que nos fala ao corazón e que temos diante de nós. Quero crer. Quero prostrarme só ante El.

Achégase a Semana Santa, e con ela outra lista inxente de actividades nas parroquias e nas rúas da cidade. Quedaranos tempo para ver ao Señor?.

Non quero ser pesimista nin malo. Non quero deixar sen valor o traballo e a ilusión de tantos confrades e de tantos compañeiros sacerdotes e o meu propio. Eu só quero ver ao Señor.

Miguel Ángel Álvarez

Párroco de San Froilán

Acordos da Xunta de Confrarías para a Semana Santa de Lugo

O 27 de marzo, celebrouse a reunión da Xunta de Confrarías de Lugo para preparar os actos da Semana Santa 2011.

Entre os acordos adoptados están os seguintes:

Pregón de Semana Santa o 5 de abril: No acto do pregón haberá un concerto a cargo dos alumnos de Coro e Orquestra de corda de grao profesional do Conservatorio de Música Xoán Montes de Lugo. O pregoeiro será o xornalista Manuel Silva García.

– O cartel anunciador da Semana Santa 2014 foi encargado ao fotógrafo lucense Eduardo Ochoa.

– II Xornadas de Formación confrade o martes 8 de abril: o Vigairo Xeral da Diocese, Mario Vázquez Carballo, tratará o tema “Ser confrade hoxe na Igrexa”.

Vía Crucis o venres 11 de abril, dedicado á Exhortación Apostólica do Papa Francisco, Evangelii Gaudium

A %d blogueros les gusta esto: