Finalizan as novenas da Milagrosa

O 27 de novembro é a festa litúrxica de Santa María Virxe Inmaculada da Medalla Milagrosa. Con tal motivo veñen celebrándose senllas novenas en parroquias da cidade de Lugo.

Na parroquia da Milagrosa, despois do rezo do rosario, a Eucaristía é ás 19:30 e tras ela hai exposición do Santísimo. Na novena tamén se fai unha lembranza especial aos defuntos da parroquia.

Na parroquia de San Froilán de Lugo, o horario é o seguinte:

  • 19:15 Rosario

  • 19:30 Celebración eucarística

O día 27 hai unha Eucaristía ás 11 da mañá.

O encargado de presidir os actos é David Varela Vázquez, secretario do Centro Eucarístico Lucense e do Instituto Teolóxico Lucense.

Encontro de profesorado de relixión

A Sección de Formación do Profesorado de Relixión do Instituto Teolóxico Compostelán organizou en Lugo un Curso de formación para Profesorado de Relixión Católica de Galicia. A primeira sesión foi o día 10 e a última onte, 24 de novembro. A actividade é no Salón de Actos da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, co seguinte programa:

  • 10’00 Relatorio: A sociedade actual camiñando cara a multiculturalidade
  • 12’30 Relatorio: Pedagoxias válidas en multiculturalidade
  • Pola tarde, actividades en grupo:  o YouCat nas aulas de Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato

    Pola mañá dirixe, o profesor Alfonso Novo Cifuentes; e pola tarde, o doutor en Teoloxía, Mario Vázquez Carballo.

    A este cursos asisten uns cen profesores de relixión católica. 

Xornada interdiocesana de xuventude

Encuentro interdiocesano pastoral juvenil

Para mozos e mozas, sacerdotes, relixiosos, -as, catequistas de confirmación, animadores, profesores de relixión.

Temas: ecos do Congreso Nacional con xoves e “En camiño á XMX Río 2013”.

Lugar e data: Seminario de Lugo, 24 de novembro a partir das 10 da mañá. O programa matutino inclúe un relatório e talleres. Pola tarde “En camiño á XMX Río 2013”, visita á Catedral Basílica, Santa Misa e Envío e ás 21 h concerto-oración na parroquia de Santiago (A Nova). 

Encontro de Familia e Matrimonios

Nos locais da parroquia do Bo Pastor de Lugo celébrase o día24 a partir das 10 h. un Encontro de Familia e Matrimonios. Está organizado polo Arciprestado de Lugo e a Delegación Diocesana de Pastoral Familiar. Trátase de reflexionar sobre o papel da familia na vida das persoas. Para iso hai 4 talleres: educación en virtudes, educación afectivo-sexual, vida e solidariedade.

Presentación do libro Conocimiento y razón práctica

O día 22 ás 8 da tarde o Circulo de las Artes acolle a presentación do libro libro titulado Conocimiento y razón práctica. Un recorrido por la filosofía de Paul Ricoeur. O seu autor é Marcelino Agís Villaverde, catedrático de filosofía de la Universidad de Santiago, ademais de tertuliano de radio

Interveñen no acto: José Pena Mouriz, investigador da filosofía de Paul Ricoeur, ex profesor de filosofía no Seminario lucense.

Manuel Regueiro, ex Director xeral de Política Lingüística da Xunta e ex catedrático de filosofía do Instituto Ánxel Fole de Lugo.

E por suposto tamén intervén pechando o acto, Marcelino Agís Villaverde, autor do libro

A %d blogueros les gusta esto: