Celebración da Infancia Misioneira

INFANCIA 595
Durante a penúltima semana de xaneiro, a Delegación de Misións da diocese está animando a vivir a Infancia Misioneira en colexios, parroquias e diversas comunidades eclesiais. Para iso cóntase coa colaboración do misioneiro espiritano Benedicto Sánchez. Nacido en Navalcán (Toledo) en 1951 foi destinado a Angola en 1986. Entre os actos programados para esta semana, destacamos os seguintes:
O mércores 21 ás 19:30h haberá un encontro con catequistas e profesores na Parroquia San Francisco Xavier. Falarase sobre a educación de nenos e mozos a partir da experiencia e traballo do misioneiro.
O venres 23 na igrexa de San Antonio, Lugo, a partir das 18h están convocados nenos de todo Lugo. É como un envío.
O propio día da Infancia Misioneira, o domingo 25, haberá ás 12:30h unha Misa de nenos en San Francisco Xavier.

Deixa un comentario

%d bloggers like this: