Celebración do Día do Enfermo Misioneiro

O 1 de outubro celébrase unha Eucaristía ás 19 h. no Hospital “Lucus Augusti” para conmemorar o Día do Enfermo Misioneiro.

Os enfermos poden estar entre os máis grandes misioneiros sen deixar o seu leito, como o fixo santa Tareixa do Neno Xesús, a quen se honra precisamente o 1 de outubro. Ela nunca saíu do seu convento, pero ofreceu as súas oracións e as súas penas pola difusión da fe. É a patroa das misións por ser unha misioneira de retagarda.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: