Celebracións en honra da Virxe da Saúde en Adai

O triduo que se celebra en Sta. Mª Madanela de Adai (Lugo) en honra da Virxe da Saúde comeza o xoves 20 de setembro ás 19h.

O consiliario da Hospitalidade de Lourdes e párroco de Monterroso, Manuel Otero, preside a celebración solemne do primeiro día; o venres día 21, farao Miguel Asorey, Delegado diocesano do Clero e párroco de Meira.

E o sábado 22 correspóndelle presidir o último día do Triduo ao reitor do Seminario Diocesano e cóengo da Catedral, David Varela Vázquez.

O domingo, día 23, haberá misas desde as 9 da mañá; celebrándose a Solemne ás 13 horas, presidida por D. Alfonso Carrasco Rouco, Bispo de Lugo.

Trala Misa Solemne do día 23, realizarase a “Bendición de chaves” e a Procesión ao redor do Santuario, finalizando os actos coa veneración á imaxe da Virxe da Saúde. En torno ao Santuario, haberá carpa e actuacións de varios grupos.

Deixa un comentario

A %d blogueros les gusta esto: