Celebración da Solemnidade do Corpus Christi en Lugo

Procesión Corpus gaiteirosO domingo 22 de xuño, ás 11 h na Catedral, celebrouse a Solemne Eucaristía de Corpus. Despois da celebración, todos os movementos, asociacións, confrarías, representantes das parroquias e de colectivos doutros países con presenza na nosa Diocese, acompañados dun grupo de gaiteiros, participaron na procesión de Corpus. Este ano, por diversas circunstancias, só percorreu os arredores da Catedral e terminou coa exposición do Santísimo e a bendición desde o balcón do pazo Episcopal, na praza de Santa María. Como todos os anos asistiron o alcalde e varios membros da corporación municipal acompañados pola banda municipal.

Sor Amparo e o mundo das présas! 60 anos de vocación!

sor Amparo

 O 26 de xuño Sor Amparo cumpre 60 anos de vocación. Sor Amparo é unha relixiosa Filla da Caridade de San Vicente de Paúl que está na comunidade do Colexio da Milagrosa, á beira da Parroquia de San Froilán.
Ver a Sor Amparo é moi difícil, porque anda sempre á velocidade da luz. Isto é o que fai que o tempo lle renda o dobre. Podemos dicir que cumpre 120 anos de vocación e non 60.
A súa paixón son os nenos do Colexio e as actividades de pastoral con eles. Desvívese cada vez que hai algunha celebración especial cos nenos na parroquia. Sería impensable a celebración de San Vicente de Paúl, o Nadal, a Coresma, o día de María, o final de curso sen a presenza de Sor Amparo.
Grazas, en boa medida, a Sor Amparo os nenos do colexio da Milagrosa levan no seu interior unha pequena semente que se cadra un día xerminará. É asemente da Fe en Xesucristo e o amor a María, a Milagrosa…
E non é pouco nin calquera cousa! que nos tempos de hoxe uns nenos leven unha referencia ao transcendente no testemuño desta Filla de Caridade que poida dar unha consistencia maior á súa vida o día de mañá.
Nestes 4 anos que levo na parroquia tiven ocasión de compartir moitos momentos con Sor Amparo. Falamos do divino e o humano. E sei que estaría disposta a dar a vida para que ningún destes pequenos “se perda”.
60 anos de vocación e de virxinidade consagrada ao Señor pero moi frutífera. A súa descendencia multiplicouse como as areas do mar.
Grazas Sor Amparo por espabilarnos, por “meternos présa”, por falarnos de Deus.

Miguel Ángel Álvarez Pérez
Párroco de San Froilán

I Festival Internacional de Órgano do Corpus Christi de Lugo

cartel Fiocorpus

Dentro das actividades do III Encontro Eucarístico Lucense, están programados varios concertos de órgano.

Programa

Venres 20 de xuño de 2014  Santuario do Cebreiro

16:30 Primeiro concerto: Johannes Skudlik

Domingo 22 de xuño  S. I. CATEDRAL BASÍLICA

20:45 Segundo concerto: Wladimir Matesic

Mércores 25 de xuño  Parroquia de SANTIAGO A NOVA

20:30 Terceiro concerto: Lida Basterretxea Vila (voz), Giulio Mercati (órgano)

Venres 27 de xuño S. I. Catedral basílica

20:45 Cuarto concerto. Miquel González

[Máis información]

O cardeal D. Antonio Cañizares, na primeira xornada do Encontro Eucarístico Lucense

 

O 19 de xuño deu comezo o III Encontro Eucarístico coa conferencia inaugural do cardeal D. Antonio Cañizares, que calificou a Eucaristía non como un don máis que recibe a Igrexa, senón como o don por excelencia, don do mesmo Cristo, da súa persoa.

 Outro dos aspectos da Eucaristía resaltados por D. Antonio Cañizares é o da unión, non só da Igrexa, senón tamén da sociedade. Ademais, unha maior devoción eucarística daría máis paz ao mundo. Máis aínda, o futuro da humanidade depende da Eucaristía, e como esta non é posible sen sacerdotes, estes tamén fan posible o futuro. O cardeal Cañizares referiuse tamén á celebración eucarística fóra da Misa sinalando que desde o ano 2000 vese un rexurdir masivo en moitas partes do mundo da adoración perpetua.

 

III Encontro Eucarístico Lucense

 

Copia de Encontro Eucarístico lucense

Programa

19 de xuño de 2014

Salón de Actos da CASA DO SABER Praza de Pío XII, 5

18:00 Presentación do III Encontro Eucarístico Lucense

18:30 Conferencia inaugural

A Eucaristía, corazón pulsante da Igrexa”Cardeal D. Antonio Cañizares

S. I. Catedral basílica

20:00 Xoves Eucarístico. Eucaristía e Procesión

Venres 20 de xuño de 2014 Santuario do Cebreiro

Clausura do curso pastoral 2013-2014

11:30 Conferencia “A Adoración Eucarística, base dunha nova evanxelización” polo Cardeal D. Antonio Cañizares

13:15 Celebración Eucarística

16:30 Primeiro concerto do I Festival Internacional de Órgano. Johannes Skudlik

Sábado 21 de xuño de 2014 Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo

12:00 Concurso de fotografía: Eucaristía e patrimonio relixioso en Lugo. Entrega de premios e inauguración da exposición de fotografía

Domingo 22 de xuño

Praza de Santa María 11:00 Eucaristía. Solemnidade do Corpus Christi

S. I. CATEDRAL BASÍLICA

20:45 Segundo concerto do I Festival Internacional de Órgano. Wladimir Matesic

Mércores 25 de xuño

Parroquia de SANTIAGO A NOVA

20:30 Terceiro concerto do I Festival Internacional de Órgano. Lida Basterretxea Vila (voz), Giulio Mercati (órgano)

Xoves 26 de xuño

Praza de Santa María 21:00 Recital poético-eucarístico

Venres 27 de xuño

S. I. Catedral basílica

20:45 Cuarto concerto do I Festival Internacional de Órgano. Miquel González

 

A %d blogueros les gusta esto: