Agradecemento de Cáritas diocesana de Lugo a institucións de iniciativa social

Recoñecemento-de-Cáritas-a-asociacións

O 27 de maio ás 12 h nos locais de Cáritas diocesana de Lugo (avda. Américas, 93-97) o director de Cáritas, Ginés Plaza Fernández, fixo entrega da figura conmemorativa con motivo do 50 aniversario de Caritas Diocesana de Lugo a varias entidades de iniciativa social que colaboran ou colaboraron en favor das persoas máis desfavorecidas da Diocese.

As entidades son as seguintes: Cruz Vermella; Ateibo; Fundación Juan Soñador; Auxilia; Aspnais; Cogami; Asociación Down; Secretariado Xitano; ASFEM; Aliad Utreia; Asociación Dignidade; Fundación Meniños; Asociación de Promoción e Integración Xitana; Centro para o Desenvolvemento Rural Ancares; Asociación de Viúvas Julia Minguillón.

[Ver vídeo]

Encontro Vocacional “Un día no Seminario”

24 maio Encontro vocacional no Seminario lucense

Día: 24 de maio

Hora: De 11h a 17h

Lugar: Seminario

Obxectivo: presentar o Seminario Menor a posibles candidatos.

“Portas Abertas” do Seminario Menor para as familias

Aproveitando o Encontro, tamén o 24 de maio de 11:30 h. a 13:30 hai un xesto de “Portas Abertas” para as familias ou outras persoas interesadas en coñecer o Seminario Menor, a súa proposta educativa, as súas instalacións, o funcionamento ordinario da vida académica e comunitaria… Hai unha primeira presentación e saúdo no Salón de actos e logo unha visita guiada ás instalacións.

Xornadas de Oración e Formación organizadas pola Adoración Nocturna Feminina

Os días 24 e 25 de maio no Salón Parroquial da igrexa de San Froilán hai unhas Xornadas de Oración e Formación organizadas pola Adoración Nocturna Feminina, co seguinte horario:

O día 24 pola mañá de 10h a 13h e pola tarde de 16.30h a 20h.

O día 25, desde as 10 h ata as 13 h., para participar posteriormente na celebración da Eucaristía xunto coa comunidade parroquial.

Temática: – “A muller desde a teoloxía católica”.

– “A muller hoxe, desde a psicoloxía “

– “A muller segundo a Mulieris Dignitatis de Xoán Paulo II”.

Estas xornadas están abertas a todas as persoas interesadas.

Festa no Colexio María Auxiliadora

O programa da celebración é o seguinte:

  • 9.15h. Ofrenda floral no patio do colexio. Procesión. Eucaristía na parroquia de San Francisco Xavier.
  • 12.00h. – Festival no pavillón.
  • 16:30h – Ginkana solidaria.
  • 17:30h – I Concurso “Tú si vales”
  • 18:30h – Bingo.
  • 19.00h – Chocolatada solidaria.
  • 20:30h – Torneo de fútbol.

Estará a cantante Lucía Pérez e imponse a medalla aos novos membros da Asociación.

O día 24 hai unha Eucaristía na igrexa de San Francisco Xavier á 19h.

Presentación do número de primavera da revista Lucensia

Revista

O día 20 de maio ás 18:30h no Salón actos Fundación Novacaixagalicia, Lugo presentouse o nº 48 de Lucensia.

Hai artigos sobre a medicina como o preparado por Gonzalo Fraga sobre os médicos que atendían ao Cabido e dos que hai constancia no Arquivo Catedralicio. Noutro artigo menciónanse a uns 150 médicos rurais da provincia de Lugo. Precisamente o acto de presentación de Lucensia foi tamén unha homenaxe ao médico rural, para o cal tivo unha intervención especial o coñecido doutor Fernando Pardo Gómez.

[Ver índice da revista]

A %d blogueros les gusta esto: