Comparecencia ante os medios de comunicación de Frei José Rodríguez Carballo

Rueda de Prensa del Padre Carballo en el Obispado de Lugo
O Padre Carballo  ante a prensa no Bispado de Lugo
Rueda de prensa del Padre Carballo
O Bispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco e o Director de Cáritas, Ginés Plaza, co Padre Carballo

Frei José Rodríguez Carballo deu unha conferencia de prensa no Bispado o 4 de xuño pola mañá con motivo da presenza en Lugo para asistir ás conmemoracións do cincuentenario de Cáritas. Felicitou aos 400 voluntarios de Cáritas, aos 21 traballadores, a Mons. Alfonso Carrasco, pastor dunha Igrexa Diocesana que demostra estar viva. Tamén tivo unha lembranza “aos pobres, que nos ensinan moito; entre outras cousas a compartir, pois son moi solidarios na súa pobreza”.

Frei José Rodríguez Carballo é portador dun saúdo do Papa Francisco a Cáritas que vai ser lido na Eucaristía das 20h na Catedral. Frei José adiantou que o Papa anima a Cáritas Diocesana de Lugo a seguir traballando non só por unha asistencia puntual senón tamén promover a xustiza. Sobre a presenza do Papa en Galicia, mencionou a posibilidade de que nunha posible visita a Ávila no 2015 iniciaría ou concluiría esa viaxe en Compostela.

Bendición dunha escultura no albergue de peregrinos de Miraz

Bendicion escultura en Miraz

O Bispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco, presidiu o día 2 de xuño o acto de bendición e inauguración dun monolito no albergue de Miraz. No acto estaba presente o párroco José Ramón Pérez García. Este albergue está na casa reitoral cedida polo Bispado para que a Confraternity of Saint James a utilice como aloxamento peregrinos do Camiño Norte.

A peza escultórica é obra dun artista da zona, Chacón.

Conferencia de José Rodríguez Carballo con motivo dos 50 anos de Cáritas

P. Carballo (Lodoselo)

O padre José Rodríguez Carballo dará unha conferencia sobre os signos dos tempos en Lugo o 4 de xuño ás 17.30h no salón de actos do Colexio dos PP. Franciscanos. Título: “A historia, signo dos tempos para o exercicio da caridade”

Rodríguez Carballo é o secretario da Congregación para os Institutos de Vida Consagrada e Sociedades de Vida Apostólica

Ás 20 h. haberá unha Eucaristía na Catedral en conmemoración dos 50 anos de presenza de Cáritas en Lugo.  

Certame fotográfico sobre a Eucaristía e o patrimonio relixioso

Copia de Concurso fotografia

 O Centro Eucarístico Lucense convoca un concurso de fotografía no que  poderán participar todas as persoas que o desexen, cos seguintes temas:

A Eucaristía en Lugo

O patrimonio relixioso cristián na Diocese de Lugo

Cada participante poderá presentar antes do 6 de xuño ata 4 fotografías en branco e negro ou en cor.

[Ver as bases]

Revisión da campaña de reestructuración parroquial

20140529-132301-48181165.jpg20140529-132240-48160532.jpg
O Vicario de Pastoral, Luis Manuel Rodríguez Pérez convocou unha reunión de avaliación da campaña de reestructuración parroquial levada a cabo na Diocese de Lugo durante a Coresma. Neste tempo distribuíronse por todas as parroquias 30.000 trípticos informativos plantexando a nova realidade da igrexa lucense e as propostas de reforzo e reanimación das comunidades rurais mediante un proyecto de agrupación de fieis de parroquias cercanas para vivir mellor a fe en comunidades máis amplas.

Neste proceso de revisión da campaña, as dificultades atopadas coincidiron básicamente na problemática de ter que desplazarse a unha parroquia cercana, ainda que esta diste só 1 km da propia. A pesar de todo, os fieis entenden perfectamente que é necesario facer estes cambios. Tamén é verdade que son casos cada vez máis frecuentes os fregreses que se dezprazan os domingos á misa a unha parroquia cercana, como de feito o están a facer cando van os funerais ou a outras misas de defuntos noutra parroquia distinta a súa.

Os sacerdotes expuxeron ante os fieis os novos plantexamentos recalcando que o sacerdote era a única presenta dinamizadora nas parroquias rurais cando noutros estamentos se abandonou o campo hai décadas. Recalcouse igualmente a necesidade de recuperar o sentido do domingo, o reunirse para celebrar a fe todos as semanas e non contentarse cunha Eucaristía cada quince días ou unha vez o mes. Neste senso sería boa a incorporación de laicos comprometidos que acompañasen a comunidades dirixindo a oración.

Finalizou a reunión recapitulando as ideas básicas da campaña e acordando dar os pasos necesarios para superar os problemas atopados. Todo isto pasa pola pastoral de conxunto, a maior relación entre os sacerdotes entre sí de destes cos laicos, buscando todos lavar a cabo o obxectivo común de evanxelización, de profundizar na fe e de manifestar públicamente o compromiso cristiano ante a sociedade.

 

A %d blogueros les gusta esto: