Cadea de oración polas vocacións

Xornada Vocacións

En Lugo organízase unha cadea de oración que ten unha dimensión parroquial en canto que nas misas dominicais estará presente a intención.

Desde as 8 da mañá do sábado día 10 ata a última hora da tarde do domingo 11 hai sempre nalgún lugar da Diocese un grupo que adica un tempo a rezar polas vocacións. 

Péchase a cadea no Seminario ás 20 h do domingo cunha adoración eucarística á que están convidados os lucenses.

Celebración de San Xoán de Ávila no Seminario de Lugo

Curas homenaxeados na Festa de S Xoán de Ávila 1

Foi o 9 de maio no Seminario, co seguinte programa:

  • Ás 11.30 houbo un relatorio sobre a pastoral da evanxelización tendo en conta a Evangelii Gaudium a cargo de José Cobo Cano, párroco en Aluche (foto da dereita).

  • Ás 13h  a Eucaristía

  • Comida compartida

Son homenaxeados os curas que celebran as sús vodas de ouro sacerdotais:

Leandro Díaz Guerra

Manuel  Franco Rodríguez

Ramón Rodríguez González

Francisco   García Campo

José  García Regal

Julio  Insua Villamayor

Luis Otero Méndez

Manuel Vilariño Pereiro

José Penido Matos

Sabino Seijas Domínguez

José Luis Varela Cereijo

Fernando Vilar Vilariño

Encontros formativos para segrares o 9 de maio

En Sarria ás 20:00h, nos locais da parroquia de Nosa Señora do Rosario (rúa Formigueiros, s/n), co tema da “Familia e educación dos nenos”, reunión dirixida polo matrimonio Rafa Veiga e Marian, membros do movemento de Laicos Xosefinos.

En Monforte de Lemos, nos locais da parroquia de S. Antonio (rúa Manuel María, s/n), abórdase o tema de “Actividade profesional e política como campo de actuación pública”, reunión guiada por Marta Rodríguez, mestra e membro de Arela. Este tema está encadrado na temática elixida, que ten relación co documento “Los católicos en la vida pública”, da Conferencia Episcopal Española.

Por último, tamén o 9 de maio, ás 20:30h, en Quiroga, no salón da parroquia de S. Martiño de Quiroga (rúa S. Martín de Abaixo, s/n), hai outra das reunión quincenais dun bo grupo de laicos da zona de Quiroga e San Clodio, acompañados dos sacerdotes Manuel Areán, Jesús Río e Manuel Cardenal, en torno a unha formación integral dos segrares e a un compromiso vivo na Igrexa.

Galería fotográfica do IV Congreso de Educadores Católicos

Co lema Educar para ser felices, o 3 de maio no Gran Hotel Lugo celebrouse o IV Congreso de Educadores Católicos, organizado polas Delegacións Diocesanas de Ensino e de Pastoral Universitaria. Abríu as xornadas a conferencia de  D. Benigno Blanco Rodríguez, Presidente do Foro Español da Familia. A continuación houbo unha mesa redonda sobre  “Experiencias Educativas”

  •  Proxecto Educativo dun colexio singular, historia e actualidade, Dna. Enyd Fernández López, Directora do Colexio Ferroviario de Monforte de Lemos
  •  Apuntes sobre o labor educativo de Cáritas-Lugo. 50 anos de historia Dna. Ana María Veiga González, do Programa de Infancia e Xuventude de Cáritas
  •  A ilusión polo educación dun sacerdote singular. D. Vidal López Ferreiro. O proxecto educativo do Colexio María Inmaculada. Historia e actualidade. D. Luis Fernández Eiré, Director do Colexio María Inmaculada de Silleda

Despois do xantar Xantar houbo unha sobremesa Máxica con Nacho e unha  homenaxe a educadores ilustres, para clausurar as xornadas ás  17:00 a a cargo do Xefe territorial da Consellería de Educación en Lugo, D. José Ramos Ledo e do Bispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco

Xornada especial de Adoración ao Santísimo Sacramento

Xornada adoración na Catedral

 Comezará ás 9 h na Catedral de Lugo o sábado 3 de maio e terminará ese día ás 20 h cunha Eucaristía presidida polo Bispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco
Por primeira vez seguirase durante o día o mesmo esquema de adoración que seguen as quendas que velan ao Santísimo Sacramento durante a noite na catedral de Lugo

 Organízase esta Xornada coa intención de revitalizar o culto ao Santísimo, dar a coñecer o labor da Adoración Nocturna e de animar aos lucenses a unirse á adoración.
Ademais dos membros  adoradores das quendas de Adoración Nocturna participarán grupos de persoas de movementos de apostolado, Camiño Neocatecumenal, Lexión de María, Seminario diocesano, parroquias da cidade e todos aqueles lucenses que se queiran unirse a esta excepcional xornada.

A %d blogueros les gusta esto: