Presentación do último número da revista Lucensia

O 21 de maio, nun repleto salón de actos da Fundación Novacaixagalicia,  foi presentado o número 44 de Lucensia, revista de cultura e investigación da Biblioteca do Seminario Diocesano de Lugo.

Nas máis de 200 páxinas deste último número preséntanse uns vinte artigos. Por exemplo, un adicado á restauración das bóvedas da Catedral, con fotografías que por primeira vez na revista son a cor. Tamén escribe a historiadora María Jesús Regueiro Burgo sobre a historia das institucións hospitalarias e asistenciais da cidade de Lugo.

O presente número pódese adquirir en formato dixital na librería La Voz de la Verdad e na portería do Seminario,  ó prezo dun exemplar impreso. Desde agora tamén é posible facerse con algún número anterior en formato dixital solicitándoo á revista.

A relación completa do contido da revista é o seguinte:

ESTUDIOS

Instituciones hospitalarias lucenses, por María Jesús Regueiro Burgo

A obra científica do matemático galego José Varela Ulloa, por Iván Fernández Pérez

Reajuste de las sedes episcopales gallegas por José García Oro

Fundación dos capeláns e gardas do Smo. Sacramento en Lugo por Adolfo de Abel Vilela

Toponimia do Concello de Navia de Suarna, por Nicandro Ares Vázquez

El sector forestal gallego en la actual coyuntura económica por Antonio Rigueiro Rguez. y otros

La caza en los montes de Galicia, por Javier Gorgoso Varela

Manuel Basulto Jiménez, bispo de Lugo, por Óscar González Murado

COMENTARIOS

Obras de restauración na Catedral de Lugo, por Vanesa Ferreiro Blanco

La familia y el futuro de la sociedad, por Daniel García García

Un epitafio medieval en S. Vicente do Burgo, por Nicandro Ares Vázquez

La capilla de S. Esteban de Villaesteba (Torés), por Jaime Delgado Gómez

La iglesia románica de Ventosa cumple ochocientos años, por José Manuel Casal

Primer Encuentro Eucarístico Lucense, por David Varela Vázquez

Lugo y la Jornada Mundial de la Juventud, por J. Mario Vázquez Carballo

Seminaristas poetas en la revista SURSUM, por Manuel Rodríguez Sánchez

 

Peregrinación a Loyola e Lourdes

A parroquia Santiago A Nova, de Lugo organiza unha peregrinación parroquial a Loyola e Lourdes do 17 ao 20 de maio.

DIA 17: Viaxe até Loiola, comida e aloxamento no Hotel Arrupe, e pola tarde visita guiada ao Santuario.

DIA 18: Pola mañá visita a Oñate, Ntro. Sra. de Aranzazu e Olatz. Pola tarde, visita guiada a S. Sebastián.

DIA 19: Saída cara a Lourdes, onde se participará nos actos do Santuario.

DIA 20: Regreso a Lugo, despois de participar na Misa Internacional en Lourdes.

Peregrinación a Fátima

A Delegación Diocesana de Apostolado Mundial de Fátima organiza unha peregrinación ao santuario portugués a partir do día 18 de maio. A saída será ás 7 da mañá. da Mosqueira, praza Comandante Manso. O regreso faise o domingo 20 de maio, chegando a Lugo pola medianoite. Información: Capela de San Roque. (de sete e media a oito da tarde) Prezo (Pensión completa): 122 € A reserva será por estricta orde de inscrición.

Eucaristía en honor a San Pascual Bailón

O 17 de maio celébrase no altar do Bo Xesús da Catedral, ás seis da tarde, unha Eucaristia para honrar a San Pascual Bailón. É o patrón da Adoración Nocturna Española, a Adoración Nocturna Feminina Española e de todas as asociacións eucarísticas.

O Consello Diocesano da Adoración Nocturna Española roga a todos os adoradores asistan a esta Eucaristía, e convida a participar na mesma, a membros de Adoración Nocturna Feminina Española, Confraría Sacramental, Marías dos Sagrarios, Apostolado da Oración e devotos do Santísimo Sacramento.

Peregrinación – Encontro da mocidade no Faro

Do mesmo xeito que en anos anteriores, o Bispo da Diocese convoca á mocidade para participar na Peregrinación e Encontro de mozos na Ermida da Nosa Señora de Faro. O sábado 19 de maio haberá un encontro de comuñón eclesial no que o Espíriu Santo derramará a súa xenerosa graza sobre todos os participantes.

O ano pasado participaron ao redor de 400 mozos; e espérase que cada convocatoria se vexa enriquecida cun número maior de xoves unidos para compartir a fe e manifestar ante o mundo a forza da Igrexa nova.

O horario é o seguinte:

  • 10:15 – Chegada dos peregrinos ao Adro do Monte Faro (na estrada Chantada-Lalín).

  • 10:30 – Acollida e comezo da peregrinación,

  • 12:00 – Chegada dos peregrinos á Ermida de Nosa Señora do Faro. Testemuño de dous mozos participantes na Xornada Mundial da Mocidade 2011, cantos, confesións, etc.

  • 13:00 – Eucaristía presidida polo noso Bispo. (Terminada a Misa exporase o Santísimo e trasladarase en procesión á Ermida na cal quedará exposto até a tarde. Cada grupo ou parroquia será o encargado de cubrir unha pequena quenda de adoración cos seus mozos).

  • 14:00 – Comida. (Cada un levará a súa)

  • 15:00 – Tempo de descanso.

  • 17:00 – Bendición co Santísimo.

O lema escollido para este ano é Testemuñas do Amor. Esta frase está enmarcada nunhas palabras que o Papa dirixiu a todos os mozos o domingo de Ramos de 2011: “Sede testemuñas alegres e incansables do amor de Deus”.

Os que participen non terán que inscribirse. De todos os xeitos estaría ben que antes do día 14 de maio se facilite o número aproximado de xoves que irán de cada grupo para organizarnos mellor e informar á compañía de seguros.

Antes do día 15 o encargado de cada grupo que vaia desde Lugo e desexe facelo en autobús informará á Delegación do número de xoves, para poder así facer a contratación con tempo suficiente. Poden informar no teléfono 982 220 100.

Para estes peregrinos o autobús (ou autobuses) sairán ás 9:15 h. da Praza de Bretaña, en Lugo.

A %d blogueros les gusta esto: