Encontro rexional de Vida Ascendente

Máis de 300 persoas chegadas de Tui, Vigo, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol… celebran en Lugo o Día Rexional de Vida Ascendente. O día 23 ás 12:30 houbo unha Eucaristía na Catedral presidida polo deán D. Luciano Armas. Cantouse o Himno de Vida Ascendente e houbo unha acción de grazas pola tempada 2011 – 2012. No programa de actos tamén se inclúe unha comida fraternal amenizada pola tuna. E cada asistente leva un detalle como recordo do encontro.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: