Que las víctimas del accidente ferroviario de Santiago sean acogidas en la gloria del Reino que el Apóstol Santiago proclamó hasta entregar su vida, como Cristo, para que todos tuviesen Vida.
Igrexa
Taller de Solidariedade organiza unha actividade a prol de mulleres do Congo
Taller Envolvendo os teus agasallos con graza con Isabel Cendán (de Xanela Elegante. com) o 6 de abril, de 10 a 14 horas na rúa Ramón Montenegro de Lugo, onde está o local do Taller de Solidariedade, que oraganiza a actividade. O proxecto pretende financiar co pagado por inscribirse un taller de corte e confección para 8 mulleres do Congo e unha Serva de San Xosé, onde poidan gañarse a vida.
Encontro de universitarios galegos
Este encontro é o 6 de abril no Hotel Pazo Os Escudos, Vigo co seguinte programa:
10.30 Acollida e Saúdo. Xavier Martínez Cobas Economista. Universidade de Vigo.
11.00 Oración.
11.15 Conferencia: “Cosmoloxía, evolución e cristianismo”
Prof. Dr. Carlos Pajares Vales, Físico. Reitor emérito da Universidade de Santiago.
Nota dos bispos da Provincia Eclesiástica de Santiago ante a Solemnidade de san Xosé
PROVINCIA ECLESIASTICA DE SANTIAGO
O próximo día 19 de marzo, solemnidade de San Xosé, festa de precepto na Igrexa Católica, non aparece incluído no calendario de festas do ano 2013 na Comunidade Autónoma de Galicia, aínda que si nalgúns concellos. Polo tanto, considérase, civilmente, como día normal de traballo.
Tendo en conta o arraigamento desta festividade no noso pobo, os Bispos das Dioceses da Provincia Eclesiástica Compostelá nesta circunstancia, para a orientación da conciencia dos nosos fieis, dispoñemos: Manter o 19 de marzo, solemnidade de San Xosé, festa de precepto, coa obriga de participar na Santa Misa, aínda que sexa laboralmente hábil.
- Aqueles fieis que teñan xornada laboral ordinaria quedan dispensados do precepto, aínda que se lles pide e recomenda vivamente a participación na Eucaristía dese día de festa dedicado a San Xosé, Esposo da Virxe.
- Recoméndase a todos os sacerdotes, máxime aos párrocos e reitores de igrexas, que dean as facilidades oportunas para cumprir co precepto a todos os fieis cristiáns, facilitando un horario apropiado para iso.
- Pedir, igualmente, aos párrocos e reitores de igrexas que comuniquen aos fieis o contido desta nota e os horarios de misas coa debida antelación.
- Ao coincidir a celebración do Día do Seminario coa festividade de San Xosé, a oración e a colecta para o Seminario Diocesano serán trasladadas á tarde do sábado, día 16, e ao domingo, día 17 de marzo.
Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2013.
+ Julián, Arcebispo de Santiago.
+ Luis, Bispo de Tui-Vigo.
+ Manuel, Bispo de Mondoñedo-Ferrol.
+ Alfonso, Bispo de Lugo.
+ José Leonardo, Bispo de Ourense.