Irmandamento entre O Incio e Andújar

O 28 de febreiro 55 persoas de Andújar, onde foi bispo San Eufrasio, estiveron no Incio, nun acto de irmandamento entre a localidade andaluza e a galega que comparten devoción polo devandito santo. De feito, actualmente é o patrono de Andújar e da Diocese de Jaen e está enterrado na Parroquia Santa María do Mao. O alcalde do Incio recibiu aos habitantes de Andújar, entre os que estaban directivos da Hermandad de San Eufrasio, o seu consiliario e o párroco de San Eufrasio de Andújar.

Tras unha Eucaristía presidida por José Lebón, en nome do Cabido lucense entregouse aos visitantes andaluces un cáliz e unha patena, como algo representativo de Lugo, Cidade do Sacramento. Desde Andújar xa se enviara aceite ao Cabido lucense para a Misa Crismal da Semana Santa deste ano 2019, outra ocasión para lembrar a presenza do corpo de San Eufrasio no Val do Mao.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: