Mercado solidario na parroquia da Milagrosa

 

A parroquia da Milagrosa organiza un mercado benéfico entre os días 25 de agosto e 5 de setembro, de 11:30 a 13:00 e de 17:30 a 20:30; baixo o lema: Compartir fainos medrar

Con esta acción a parroquia da Milagrosa márcase varios obxectivos:

  • Recadar fondos.
  • Promover comportamentos solidarios.
  • Vencer a indiferenza.
  • Concienciar.
  • Saír do noso individualismo.

A parroquia só crece se comparte a fe e tamén o que temos -material e inmaterial- para o crecemento de todos, especialmente dos máis necesitados.

Ademais da atención semanal que se realiza os xoves no despacho parroquial, hai programas e campañas encamiñadas a emendar na medida do posible, situacións de necesidade e desamparo:

Apadriña unha familia. O obxectivo do programa é que persoas da nosa comunidade, mediante distintas formas de colaboración, creen unha rede de apoio a familias en situación de necesidade.

Grupo de Baile. Coa idea de traballar e abrir a parroquia aos máis novos, e ofrecer un lugar de entretemento máis aló das rúas do barrio.

Talleres de alfabetización en lingua castelá para que, especialmente as mulleres inmigrantes, teñan autonomía lingüística.

A parroquia da Milagrosa actualmente acolle a 150 familias en situación de necesidade que son atendidas mensualmente.

Deixa un comentario

A %d blogueros les gusta esto: