Novenas en honra a Santa Lucía

O día 5 de decembro, comeza a novena en honra a Santa Lucía na catedral de Lugo. A patir das 19.15 h novena, rosario e misa. O día 13, festividade de Santa Lucía, haberá misas no altar desta santa durante todo o día. 

Tamén na parroquia de San Xoán Bautista de Furelos (Melide) se celebra a novena en honra de Santa Lucía; con gran arraigamento e devoción por parte dos fieis da zona.

Ademais, na parroquia de San Pedro de Melide o día 6 de decembro reciben o sacramento da Confirmación a 125 mozos de Melide, Zas de Rei, Visantoña, Santa María de Melide e outras parroquias do arciprestazgo. O xoves día 29 e o venres 30 impártelles a todos eles a última catequese de confirmación o Delegado de Mocidade José Antonio Adrio.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: