Oscar González Murado, novo director do Arquivo Diocesano

Oscar González Murado, novo director do Arquivo Diocesano

relevo_no_arquivo_1

Oscar González Murado, novo director do Arquivo Diocesano

  • Sustitúe no cargo a  José Lebón Sánchez
  • Con motivo desde cambio, o Arquivo Diocesano permanecerá pechado ata o día 7 de xaneiro

 Óscar González Murado, naceu en 1976 en Santa María de Valonga, Pol. Ordenouse sacerdote no ano 2001 e está a rematar a súa tese de doutoramento na Univ. Gregoriana de Roma.

 O Arquivo Histórico Diocesano ten fondos desde o século XVI. O Arquivo está aberto ao público, e de feito son moitos os investigadores, estudantes e outras persoas de moi variada índole que consultan os diversos fondos. A todos eles préstaselles toda clase de atencións. Todos os fondos teñen o seu propio catálogo, a disposición dos investigadores.

 Traballos de Óscar González Mirado. Te publicado asiduamente desde o ano 2005 na revista Lucensia: miscelánea de cultura e investigación. Artigos:

  • “Esmoleiros da Virxe en Galicia: tentativa de explicación da devoción á Virxe de Guadalupe” Nº. 30,
  • “A biblioteca privada do Bispo Armañá: relectura da historia da biblioteca (1)” Nº. 31

  • “A Guerra da Independencia na diocese de Lugo”, Nº. 37

  • “O Bispo Peláez Caunedo e a Biblioteca Episcopal: cartas persoais, recén nomeado Bispo de Lugo (7/IX/1786-5/IV/1787), Nº. 35

  • “O agro lucense no século XVIII: transformacións no norte da provincia”, Nº. 38

  • “Gregorio María Aguirre y García (1835-1913): as inquedanzas dun bispo de Lugo de final de século”, Nº. 40

  • “Manuel Basulto Jiménez, bispo de Lugo e de Jaén, mártir o ano 1936 en Madrid”, Nº. 44

 

E no Boletín do Museo Provincial de Lugo, (Nº. 13), publicou as cartas persoais do bispo Peláez Caunedo antes de chegar a Lugo (7-XI-1786—5-6-1787)

Deixa un comentario

%d bloggers like this: