Pregón da Semana Santa lucense

Mario Vazquez

O 11 de marzo, o Vicario Xeral da Diocese, Mario Vázquez Carballo pronunciou o pregón da Semana Santa de Lugo. Mario Vázquez centrouse en aspectos e cuestións relativas á relixiosidade popular e nos misterios de Cristo expresados nas confesións cristiás da fe e xustificounas teolóxicamente.

Da resurrección de Cristo emanan, “como dunha fonte, as celebracións e as expresións públicas da fe, froitos maduros da bondade de Deus, da grandeza do cristianismo e da alma apostólica dos fieis seguidores de Cristo”.

Para Mario Vázquez, “a Semana Santa lucense, grazas ao esforzo de cada unha das confrarías e do bo facer da Xunta está vendo un novo amencer. Xa ninguén dubida de que os confrades ocupades un espazo significativo na Igrexa e no mundo do Apostolado Segrar. Representades unha canle privilexiada da piedade popular”.

Finalmente, comentou que o que máis impresiona ao visitante primeirizo da Semana Santa lucense é o silencio: “Un silencio que permite gozar da visión dos pasos e que só é roto polo son dos tambores e cornetas que rasgan o aire ou esoutro duns pés espidos que se arrastran polo asfalto”.

Durante o acto tamén houbo un concerto do coro de voces brancas “Cantar Delas”, baixo a dirección de Fernando Gómez Jácome.

Cantar delas

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: