Presentación e Memoria de Obras Misionais Pontificias e Delegación Diocesana de Misións de Lugo

Preséntase a Memoria económica do curso 2021-2022. Non son simples números, senón que detrás de cada cifra hai un esforzo e sacrificio de persoas, comunidades, colexios. Desta maneira faise visible na diocese de Lugo o desexo de Paulina Jaricot, fundadora da Obra Pontificia Propagación da Fe, de crear unha rede universal de solidariedade e axuda ás misións.

O ano 2022 está a ser especial para as OMP. Cúmprense 400 anos da fundación da Congregación para a Evanxelización dos Pobos; 200 anos da fundación da Obra Propagación da Fe por parte de Paulina Jaricot, que acaba de ser beatificada en xuño; e 100 anos desde que o Papa Pío XI fixese pontificias as diversas obras misioneiras, de xeito que se crearon as Obras Misionales Pontificias (OMP). Todas estas celebracións axudan a dar un impulso misioneiro á diocese.

A nivel económico, procúrase reducir os gastos o máis posible –contamos coa axuda da diocese para conseguir este obxectivo- e pénsase como aumentar os ingresos. Todo o que se fai é en beneficio da misión. Contamos convosco coas achegas e oracións de todos. En nome de todas as comunidades que van recibir estas achegas, moitísimas grazas.

Pídeselle a san José María Díaz Sanjurjo que axude a renovarnos para que a misión ad gentes siga sendo un dos piares da vida das nosas comunidades.

[Memoria]

Jesús Manuel Santiago Vázquez

Delegado de Misións de Lugo

[Artículo original]

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: