Restauracións en templos da Diocese

A Fonsagrada

Na igrexa parroquial de San Martín de Suarna renovouse totalmente a cuberta e procedeuse á fixación dalgúns elementos estruturais que estaban un pouco danados.

Acondicionamento da capela de Pereira-Ledín e a súa contorna; limpouse a maleza que rodeaba á capela, púxose tellado e amañouse por dentro.

San Vicente do Pino (Monforte). A primeira intervención nesta igrexa é a limpeza da fachada meridional -construída en mampostería de pizarra- e impermeabilización das cornixas, os contrafortes e as repisas. Seguidamente, o muro será recebado con morteiro de cal. A pintura que se aplicará sobre o enfoscado será dunha cor ocre clara, similar ao que se utilizou -na mesma época histórica na que se construíu a igrexa- nos revestimentos que se conservan en certos puntos do antigo mosteiro situado xunto ao templo e no palacio condal.

Elementos da igrexa pendentes de rehabilitación son as pinturas murais do interior do templo, o retablo da Virxe de Montserrat e o espazo da sancristía.

Igrexa de Santa María de Donramiro (Lalín). Nos próximos catro meses cambiarase a actual cuberta por unha nova, recuperando así a imaxe orixinal do templo que se viu desvirtuada coa intervención realizada no século XX, cando se mudou a antiga cuberta de madeira da nave por unha bóveda de ladrillo. As actuacións previstas pasan pola demolición da cuberta actual, incluída a bóveda de ladrillo do século pasado, co fin de executar unha nova cuberta en madeira de castiñeiro, o que favorecerá a recuperación da imaxe orixinal da igrexa. Desmontaránse as cubertas da cabeceira, aproveitando a estrutura de madeira que se atope en bo estado. O acabado será de tella curva sobre placas de fibrocemento gran onda.

Tamén se tratará a madeira fronte aos xilófagos, na tribuna do coro substituiranse as táboas de piñeiro por outras de castiñeiro similares ás existentes, renovarase a instalación eléctrica, acometerase o repicado de morteiros de cemento de muros e pavimento interior para a súa substitución por morteiro de cal, e executarase a drenaxe perimetral na zona da cabeceira.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: