Sebastián Mora advirte dunha segunda avalancha de pobreza

Sebastián Mora

O Secretario Xeral de Cáritas Española, Sebastián Mora deu unha rolda de prensa nos locais de Cáritas Lugo o día 27. Nela advertiu dunha segunda ondada de pobreza por tres motivos. Despois de catro anos de crise, os aforros das familias van esgotándose, a protección social pública sufriu unha erosión e as organizacións sociais non son infinitas na capacidade de axudar e non poden substituír ás familias nin ao Estado.

Tamén foron tres as liñas de acción que considerou determinantes para intentar solucionar a pobreza intensa: 1) unha renda básica de cidadanía para todas as familias que non teñen ningún tipo de ingreso (a nivel estatal son case 300.000); 2) políticas activas de emprego que xeren oportunidades de traballar especialmente para os colectivos máis excluídos e 3) maior colaboración cidadá, das empresas e das institucións, poñendo o foco na loita contra a pobreza e a exclusión social.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: