Ciclo de conferencias sobre as persoas maiores

Copia de conferencias maiores galego

O salón de actos de Afundación, pza de Santa María, Lugo, acolle 3 conferencias que programa a Fundación Centro de Orientación Familiar Diocesano de Lugo.

O 27 de maio, de 19:15h a 20:15h, o profesor da Universidade de Santiago, Carlos Dosil dará 10 ideas para alcanzar o benestar na terceira idade.

O xoves 28 de maio, á mesma hora, o xeriatra do HULA, José Ramón Martínez Calvo “Envellecemento activo. Diálogo aberto cun xeriatra experimentado”.

E o día 29 a doutora en Filosofía e CC da Educación, Consuelo Santamaría tratará o tema: “Do lamento á esperanza. Vivir o dó e o sufrimento con sentido”.

Accións formativas de Cáritas Lugo

formacion_para_sesempleados

O Programa de Emprego de Cáritas Lugo levou a cabo durante este mes de maio varias accións formativas para o emprego no marco do Programa operativo plurirrexional de loita contra a discriminación. O pasado 4 de maio comezou o curso “Operarios de limpeza” e o día 11 o taller de informática básica para a búsqueda dun posto de traballo. Ambos cursos duran tres e dúas semanas, respectivamente.

No mes anterior, abril, fixérase en Sarria o taller “Atención ás familias no fogar” e culminara en Lugo o programa “Emprégate II”.

Acción formativa de Cáritas e proxecto “Emprégate”

Cáritas Lugo cursiño Ferramentas informáticas para buscar emprego

Ata o 13 de marzo terá lugar a acción formativa: “Informática básica para a procura dun emprego” actividade incluída no proxecto EMPREGO CÁRITAS DIOCESANA DE LUGO no marco do PROGRAMA OPERATIVO PLURIRREGIONAL DE LOITA CONTRA A DISCRIMINACIÓN 2007-2013. Actividade cofinanciada con fondos pertencentes ao Fondo Social Europeo e ao Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade IRPF 2014.

Ata o 13 de marzo está aberto o prazo para inscribirse no proxecto Emprégate de promoción e apoio ao autoemprego. É un proxecto que xurdiu no ano 2012, dentro do Programa de Emprego de Cáritas Diocesana de Lugo.

Con Cáritas colaboran das asociacións empresariais Mulleres Empresarias de Lugo e Xoves Empresarios de Lugo. Entidades que formarán parte dun equipo de traballo composto por técnicos de Cáritas, voluntarios de Empresas con Corazón (Proxecto de Cáritas Lugo que busca a colaboración de empresas e autónomos co fin de axudar ás persoas que máis o necesitan) e outros profesionais coñecedores da realidade empresarial actual.

Misión da parroquia no mundo dos enfermos

Xornada formacion 2

Na mañá do luns 29 organízase unha xornada de formación no Seminario que se dirixe a sacerdotes, relixiosos e segrares. O encargado de transmitir a súa ampla experiencia é Jesús Martínez Carracedo.

Para este sacerdote, as accións da parroquia no campo da saúde son as seguintes:

Educar para vivir a saúde e afrontar a enfermidade e a morte.

Acompañar os enfermos.

Celebrar os sacramentos dos enfermos.

Atender os enfermos máis necesitados.

Axudar á familia dos enfermos.

Integrar os enfermos na vida da parroquia.

Implicar a toda a comunidade.

Traballar para que a parroquia sexa fonte de saúde.

A %d blogueros les gusta esto: