Voluntarios do Santuario do Corpiño visitan enfermos e maiores

Durante o actual Ano Xubilar, cada día moita xente acode ao Santuario do Corpiño para rezarlle á Virxe e pasar pola Porta Santa. Son persoas de Galicia e tamén doutras partes de España que están gañando o xubileu. Pero outras persoas non podían ir a O Corpiño. Así que un grupo de voluntarios, principalmente de Lalín, Silleda e Vila de Cruces iniciaron unha serie de visitas como ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e á Residencia Nosa Señora das Dores en Lalín. Neste último lugar amenizouse a visita con diferentes cancións, pois os voluntarios do grupo de visitas do Ano Santo estiveron acompañados do Coro Interparroquial do Corpiño e tamén se lles uniu para cantar o Coro da Alegría formado por usuarios e voluntarios da Residencia. Foi unha xornada moi emocionante para todos. Entregáronlles a cada persoa estampa e a pulseira do Ano Santo Mariano.

O domingo 22 ás 12:00 h, Eucaristía por todas as persoas que se ocupan do labor do coidado do fogar e polas súas asociacións. Ao terminar  impártese a bendición a todos os presentes

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: