Xubileu das amas de casa e as súas asociacións

O domingo, 22 de abril, celebrouse no Santuario do Corpiño o Xubileu das amas de casa e as súas asociacións.

Se co Ano Santo o número de devotos aumentou considerablemente, o bo tempo fixo que o Santuario quedase pequeno para acoller o gran número de fieis.

Ás 11:00 h saían do Santuario un grupo de 50 peregrinos procedentes de Burgos e outro de Ribadavia (Ourense), acompañados por voluntarios e o Reitor do Santuario, cara á igrexa parroquial de San Pedro de Losón, para realizar o Camiño dos pastorciños. Durante o percorrido Don José Criado tivo ocasión de saber dunha curación milagrosa a un neno que a Benaventurada Virxe María do Corpiño realizou fai máis de 30 anos, feito que se recollerá nun libro sobre os milagres que a Santísima Virxe realizou.

Sobre as 11:50 h o Reitor do Santuario impartía a bendición aos devotos na Carballeira do Santuario, coincidindo coa chegada dos peregrinos que realizaban o Camiño dos pastorciños e iniciábase a procesión cara á Porta Santa.

Ás 12:00 h, comezaba a Eucaristía, que nesta ocasión contou co coro de Francelos (Ribadavia). Ao finalizar impartiuse a bendición a todos os presentes.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: