Campaña do Nadal misioneiro: Sementadores de estrelas

Durante esta campaña os nenos e nenas sairán ás rúas para felicitar o Nadal aos viandantes en nome dos misioneiros. Con esta iniciativa, que leva facéndose en España desde 1977, edúcase a infancia na solidariedade e no agradecemento.

O día 21 as rúas de Lugo encheranse de estrelas. Preténdese alagar os corazóns de luz. Do mesmo xeito que a estrela de Belén anunciou o nacemento do Mesías, as estrelas que repartirán os nenos levarán ao encontro con Deus a todos os que as reciban.

Concertos e festivais de Nadal pola Diocese

San Francisco Xavier. O día 21 de decembro ás 17h. hai un Festival no Centro Social de Fingoi.

A Milagrosa. En beneficio de Cáritas, o día 19 celébrase un festival no Auditorio ás 19:15, con participación de alumnado de colexios da zona. Os salesianos farán unha exhibición de kárate.

 Igrexa de Sta. Mª a Real do Cebreiro. Concerto o día 21 ás 19h de Herbens Consort, grupo de músicos “barrocos coma ti”

No altar do Bo Xesús da Catedral ofrecerá un concerto o Orfeón Lucense o día 22 ás 13.30 horas. Interpretará temas populares, de Pau Casals, Schubert e J. S. Bach. Dirixe Marcos Fernández Mosquera e actúa como violín solista Carlos Rodríguez Otero.

Na igrexa da Nova (Lugo) hai unha serie de concertos:

  • Día 20 ás 20:30 actúan a Banda Municipal de Lugo e o Orfeón Lucense.
  • Día 21 ás 20:30 concerto en favor de Cáritas con Elisabeth Filgueira (mezzosoprano) e David Robles (piano) e a presentación do Coro infantil parroquial
  • Día 24 ás 17:30, actuación de Noemí Mazoy e o Orfeón Lucense
  • Día 27 ás 20:30, Nadal con Bach. Intérpretes: Xabier de Acosta (frauta) e Joaquín Barreira (órgano)

Xosé Manuel Domínguez: Curso de Formación en Matrimonio e Familia

O Curso de formación en matrimonio e familia vai ser en primeiro lugar un momento de formación sobre o matrimonio, sobre a familia e o matrimonio desde unha filosofía personalista, integral e desde a fe. Vai ser tamén un lugar de encontro entre persoas que aportarán experiencias, modos de facer para anovar a pastoral familiar. Esta experimentará un pulo na súa renovación.

Vai orientado a quen están implicados na pastoral familiar, a pais, familias, sacerdotes, cristiáns que queiran unha maior formación neste sentido, seminaristas, psicólogos, profesores. Esta ultima é a miña condición e desde ela podo ver como moitas veces os problemas dos fillos son os problemas dos pais.

O método do Curso consistirá en conferencias e posterior diálogo, e tamén momentos de experiencia, de intercambio de material, de formación, moi variado.

Ler máis

A %d blogueros les gusta esto: