Nomeamentos para distintas parroquias da Diocese

Alfonso Fraga Ríos é o novo párroco de San Martiño de Condes. E tamén é o administrador parroquial de San Cibrao de Pregazón, San Xoán de Pregazón, Santa María de Pacio, Santa María de Xia, San Xiao de Carballo, Santa María de Silvela, San Cosme de Rocha, San Martiño de Prado e Santa María de Lamas.

Manuel José Castro Gay vén de ser nomeado administrador parroquial de San Xoán de Parada.

O domingo 15 ás 13 h será o acto de toma de posesión de Luciano Armas como moderador do equipo pastoral da parroquia Santiago A Nova (Lugo).

Campaña de Cáritas Lugo e Cáritas Internacional

Outlet a prol de Caritas

Os Servizos Xerais de Cáritas organizan unha tenda solidaria na Praza de Santo Domingo (Lugo) a partir do día 6 de decembro e até o 16 de xaneiro de 2014. É un espazo no que 6 comercios lucenses colaboran na organización dun outlet.

Por outra parte, lembremos que na segunda semana de decembro iniciouse unha campaña xurdida dunha iniciativa auspiciada polo Papa Francisco e realizada pola Confederación Caritas Internationalis co obxectivo de acabar coa fame para o 2025. O lema é “Unha soa familia humana. Alimentos para todos”

Mans Unidas puxo en marcha un Recanto de Nadal

Mans Unidas recanto natalino

Mans Unidas Lugo organiza desde a primeira semana de decembro e ata o día 22 na rúa Armañá (Lugo) un Recanto de Nadal no que se venden obxectos para recadar fondos destinados a tres proxectos en países empobrecidos.

O horario é o seguinte:

– Luns a venres pola mañá de 10:30 a 13.30 e pola tarde de 16:30 a 20:30.

– Sábados pola mañá

Retiro de Advento organizado pola Delegación de Apostolado Segrar

O Seminario de Lugo acolle o 14 de decembro un retiro de Advento dirixido por Jesús Fernández Aira, párroco de S. Francisco Xavier.

A Delegación de Apostolado Seglar invita especialmente a todos os seglares, cregos e, en xeral, a todas as persoas que queiran deixarse interpelar polo anuncio dunha persoa, Xesucristo, que enche os corazóns e a vida enteira de quen se achega a El.

Para facilitar a asistencia de familias, hai un servizo de atención a nenos, que estarán ben atendidos durante o retiro. Os interesados neste servizo contacto con antelación coa organización, no correo laicos@diocesisdelugo.org.

Horario:

  • 10:00 Oración

  • 10:30 Primeira sesión

  • 11:30 Reflexión

  • 12:00 Segunda sesión

  • 13:00 Eucaristía

  • 14:00 Hora de remate

A %d blogueros les gusta esto: