XVI Xornadas de Apostolado Segrar

Apostolado Segrar cartel

Organizados pola Delegación de Apostolado Segrar en colaboración coa Delegación de Misións de Lugo e a Xunta de Confrarías de Semana Santa de Lugo, terán lugar os seguintes actos:

O venres 13 de maio ás 20h no Seminario: charla do responsable de difusión da HOAC Jesús Fernández-Pacheco: “Laicos, testemuñas da misericordia”.

Sábado 14: Asemblea Diocesana de Laicos. Ás 10 h, recollida de xente no Seminario, ás 10:30 h acollida no Centro San Vicente de Paúl e oración, ás 11h Asemblea, ás 14 h comida compartida e ás 15:30 h visita ao centro. Ás 17 h é a Vixilia de Pentecoste.

Domingo 15 de maio, Día da Acción Católica e do Apostolado Segrar, será o xubileo de movementos, asociacións e confrarías. Pártese ás 12:15 h da igrexa de San Pedro ata a Catedral. Ás 13 h é a Misa de Pentecoste presidida polo señor Bispo de Lugo.

[Máis información]

Novenas a Nosa Señora de Fátima e Santa Rita de Casia

Novena Fátima San Pedro - copia

A novena en honra a Nosa Señora de Fátima é na igrexa de San Pedro tódolos días ás 18:30h con rezo do Santo Rosario e Novena. A continuación, celébrase a Eucaristía, presidida por José Antonio Adrio.

O día 13, festividade da Virxe de Fátima hai unha Eucaristía especial dos enfermos ás 11h, coa imposición da Santa Unción.

Na igrexa do convento das Agustinas (praza de Santo Domingo, Lugo) iníciase o día 14 a novena en honra a Santa Rita de Casia. Pola mañá os actos litúrxicos comezan ás 10h e pola tarde ás 18:40h

Centenario do inicio das actividades apostólicas e sociais de Magdalena Aulina

Magadalena Aulina 1 - copia

Do 14 de maio de 2016 ao 15 de maio de 2017 celébrase o centenario do inicio das actividades apostólicas e sociais da serva de Deus Magdalena Aulina. A celebración será en Banyoles, terra natal de Magdalena Aulina.

En Galicia, o Instituto secular Operarias Parroquiais Magdalena Aulina exerce a súa misión en Cáritas Interparroquial de Sarria, encargándose diso Pilar Quiroga Sobrado, que o ano pasado celebrou as vodas de ouro da súa consagración. Unha irmá de sangue e de Instituto secular, Nieves, recibiu hai varias semanas a medalla de Isabel a Católica polo seu labor en Guinea Ecuatorial.

Sacerdotes homenaxeados na festividade de San Xoán de Ávila

Sacerdotes homenaxeados 2

No día do patrono do clero, 10 de maio, son homenaxeados os sacerdotes que celebran as súas vodas de ouro sacerdotais:

-Julio Agra García                     -Dositeo Pérez Arias

-Antonio Agra Salgado              -Ramón Piñeiro Campos

-José Carballada Rodríguez     -José Maximino Rodríguez Rigueira

-Gonzalo Fraga Vázquez          -Pablo Rodríguez Rodríguez

-José Fernández Hermida         -Manuel Rodríguez Sánchez

-Eliseo García Sanmartín           -José Seoane Álvarez

-José Huerta García                   -José Vázquez Casanova

-Manuel Mato Mouriño               -Ángel Vigo Blanco

Tamén é homenaxeado o sacerdote que cumpre as súas vodas de prata:

-José Antonio Ferreiro Varela

Día do Misioneiro Diocesano

O Día do Misioneiro Diocesano foi o 7 de maio na parroquia San Francisco Xavier, de Lugo. Ana López, misioneira laica que leva un ano en Honduras, compartiu a súa experiencia do vivido neste tempo. A continuación fíxose unha homenaxe a Antonio Ónega, misioneiro natural da parroquia San Francisco Xavier, falecido recentemente en Costa Rica. Concluíuse coa celebración da Eucaristía ás sete da tarde.

dÍA MISIONEIRO DIOCESANO

A %d blogueros les gusta esto: