Celebración colexial Fourvière nos Maristas de Lugo

 

Copia de Fourviere O 28 de outubro a partir das 9:40h , con invitación ás familias, terá lugar no Colexio da Inmaculada (Lugo) a celebración colexial Fourvière. É o inicio da celebración do bicentenario da promesa de constituír a Sociedade de María que fixo un grupo de sacerdotes, cheos de ilusión. Foi no Santuario de Fourvière,  (Lyon) ao día seguinte da súa ordenación.

O texto da promesa é o seguinte:

En nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo. Todo para a maior gloria de Deus, e para a honra de Maria, Nai de noso Señor Xesucristo!

Nós, abaixo asinantes, queremos traballar para a maior gloria de Deus e de Maria, nai de Noso Señor Xesucristo, afirmamos que temos a sincera intención e as firmes ganas de consagrarnos, tan pronto como xurda a oportunidade, á institución da piadosísima Congregación dos Maristas. Velaí porque, polo presente acto, que leva as nosas sinaturas, comprometémonos irrevogablemente, nós e todo o que temos, en canto nos sexa posible, á Sociedade da benaventurada Virxe María.

Asumimos este compromiso, non lixeiramente como nenos, nin por razóns humanas ou por algún interese temporal, senón con toda a sinceridade, tras reflexionar seriamente, pedir consello e sopesado todo diante de Deus, unicamente para a gloria de Deus e honra de Maria, nai de noso Señor Xesucristo.

Para alcanzar este obxectivo, dispoñémonos a asumir calesquera contrariedades, traballos, sufrimentos e, se fose preciso, todos os tormentos; confiados naquel que nos dá forzas, Noso Señor Xesucristo, a quen, por iso mesmo, prometemos fidelidade, no seo de nosa Nai, a santa Igrexa Católica e Romana; uníndonos con todas as nosas enerxías, ao santísimo xefe desta mesma Igrexa, o romano pontífice, e tamén ao noso reverendísimo bispo, para, deste xeito, sermos bos ministros de Xesucristo, nutridos polas palabras da fe e da sa doutrina que recibimos pola súa graza; confiamos que, baixo o goberno pacífico e relixioso do noso rei cristianísimo, esta marabillosa institución será fundada.

Prometemos solemnemente entregarnos, nós e todo que temos, para salvar as almas por todos os medios, co nome augustísimo da Virxe María e baixo os seus auspícios. Respectamos en todo, o parecer dos superiores.

Louvada sexa a santa e inmaculada Concepción da Benaventurada Virxe María!

Deixa un comentario

A %d blogueros les gusta esto: