Celebracións no santuario de Adai en honra da Virxe da Saúde

No santuario de Adai, Lugo, ás sete da tarde haberá un triduo en honor á Virxe da Saúde co seguinte programa:

Xoves día 18: Preside D. Ramón Díaz Abelairas, Párroco de San Lázaro.

Venres19: Preside Pegerto Vázquez López, Párroco de San Martiño de Ombreiro.

Sábado día 20: Preside D. Manuel Castro Gay, Párroco de Santiago de Meilán e cóengo.

O domingo 21 haberá misas desde as nove da mañá e ás 13 horas Misa Solemne, presidida por Pegerto Torres Hermida, Párroco e Arcipreste de Chantada-Carballedo.

Logo da Misa: Bendición de chaves (de casas, negocios, coches, etc) e a continuación a procesión. Finalmente, comida campestre e actuación de grupos.  

Segundo Cursiño de Ingreso e Selección de alumnado para o Seminario

Os días 10, 11 e 12 de setembro de 2014 terá lugar o segundo Cursiño de Ingreso e Selección para o curso 2014-2015, no que participarán todos os candidatos a seren alumnos do Seminario Menor.

 Fanse as entrevistas individuais ás familias e candidatos interesados que foron presentando as solicitudes. A entrevista inclúe, ademáis do diálogo e da presentación do proxecto e ideario do Centro, unha visita guiada ás instalacións.

Festas en honra da Virxe

Ademais da celebración de Nosa Señora dos Remedios na Ermida, (Quiroga) algunhas outras son as seguintes:

Santa María (A Fonsagrada): 8 de setembro ás 12.00 horas Misa en honor a seguida de procesión.

Virxe da Pena de Francia, (Dozón): día 8 desde as 10.30 h misas cada hora na ermida e ás 13 h Misa solemne coa Banda de Música de Cea, e procesión.

Santa María e o Santo Milagre (O Cebreiro) Días 8 e 9 : misas cada hora.

O Faro (Chantada): día 8 Misa solemne ás 13h. Día 9: Misa ás 12 e 13h; Misa e baixada da Virxe ata Requeixo ás 17h.

Virxe dos Remedios: subida da Santa Patrona desde o santuario de Pinol ao santuario de Cadeiras

Festa da Virxe dos Remedios na Ermida, Quiroga

 

meco

Os días 8 e 9 celébranse na Ermida as festas da Virxe dos Remedios, con procesión e romaría popular á que acoden xentes de toda a comarca de Quiroga.

O día 8, antes da Misa maior, ten lugar a procesión da Virxe á que asisten unha parella de xigantes coñecidos como pampórnigas, e o meco (foto superior), personaxe diabólico que sostén unha burlesca loita cos asisitentes. Leva roupas vermellas, máscara grotesca de madeira e unha gran vasoira de toxo. Durante a Misa o meco permanece no adro da igrexa e a xente tíralle moedas e cando se agachan para recollelas intentan golpealo na caluga que leva protexida cunha almofada. O meco encabeza a procesión abrindo paso coa súa vasoira e seguido pola parella de xigantóns que van danzando ao son dunha peza de música para gaita (exclusiva da localidade).

Ao chegar á ermida da Virxe, as Pampórnigas colócanse aos lados da porta do templo, inclínanse cando a imaxe fai a súa entrada e retíranse ao comezar a Misa. As pampórnigas son unha parella de xigantes construídos sobre unha armazón lixeira e con brazos articulados.

Non está clara a antigüidade da festa. As primeiras noticias fidedignas son de finais do século XIX.

 

Segundas partes poden ser boas. Novidades bibliográficas

Manuel López Paradela Guia de almas espirituales e Colección Diplomática de Ventura Cañizares

Publicacións Diocese de Lugo vén de publicar Colección Diplomática II (857-1380) de Ventura Cañizares del Rey. A edición da obra corre a cargo de Óscar González Murado e Manuel Rodríguez Sánchez. Ventura Cañizares, párroco en Lalín e coengo en Lugo, deixou unha excelente colección manuscrita de centos de documentos transcritos.

Tras escribir hai uns anos Guía práctica de almas espirituales, Manuel López Paradela publica agora unha segunda parte, co subtítulo de “Mística” e cos seguintes capítulos: “Crecemento en perfección polas virtudes”, “Disposicións para vivir en santidade”, “A purificación espiritual”, “Medios de santificación”, “Diversos grados de oración”, “O Espírito Santo e os seus dons”, “Grandes devocións da piedade cristiá” e “As benaventuranzas”.

Outro autor que saca á luz unha segunda obra é David Corral. Tras facer un amplo estudio sobre a súa Parroquia natal (Trobo, terra e xente), presenta agora un novo libro sobre a Parroquia limítrofe de Gaibor, tamén preto de Lugo. Fala da súa historia, do seu patrimonio artístico e cultural, e conclúe cunha reflexión máis xeral sobre a Parroquia rural galega e os elementos que a configuran.

A %d blogueros les gusta esto: